CONSELLO DA CULTURA GALEGA

GALLAECIAE MONUMENTA HISTORICA


Fragmentos de notarios

D73
1459, abril, 13
Tareixa Calva demanda ao notario Pedro Fernández un odre que lle prestou en boas condicións, este alega que era vello e podre. (fol. 27)

Tereija Calva.

En este día e por estes tests. (Cal)* Tereija Calva demandou a Pero Fernandes notario hun odre que lle prestara que tina en garda de (- - -) et que llo demandava por quanto era demanda por el porlo dito seu dono. Diso que era vello e podre, et ela diso que era saao et que llo tal et tan boon como llo leixara (Tereija Calva)* en garda o dito seu dono, sobre lo qual feso juramento que llo dera tal et tan boon como llo leixaran en guarda. Mandaron os ditos juises que o dito seu dono /veese\ fesese o dito juramento et quanto el jurase que el vallya que tanto mandavan ao dito Pero Fernandes que llos pagase con as costas. Tests. os sobre ditos.