CONSELLO DA CULTURA GALEGA
GALLAECIAE MONUMENTA HISTORICA
Carta de Gonçalvo de Fontaao.
En este dito día, sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Lopo de Mugares escudeiro dou et outorgo aforo a vos Gonçalvo de Fontaao que sondes presente et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huun leyro de viña que jaz enna freigesía de (fol. 17v)
Santa Marta de Bele, onde chaman Caschagova, enno lugar onde chaman o Bachecon, et parte de huna (p)* das partes con viña de vos o dito Gonçalvo de Fontaao et da outra parte con viña de Lopo de Amoeyro, et aforo vosla con todas suas etç., por tal condiçon que a labredes etç. et façades dela a min et a minas voses foro de sesta et do al de disemo a deus etç. se quiserdes vender etç. et obrigo meus beens etç. Et eu o dito Gonçalvo de Fontaao obrigo meus etç. Penna çen.- etç. Tests. Meen Suares, Joan do Bouteiro et Fernando da Caal, omen do dito Lopo de Mugares.