1376, febreiro, 28. Gresulfe
Xil Rodríguez dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo todo canto posúe en Gresulfe.
Sabeam
todos commo eu Gil Rodrigues de Rornea, escudeyro, por amor de Deus
et por minna alma et por las almas d’aqueles a que soo tiudo,
et por moyto ben et merçee que reçebi de vos o onrrado
sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de
Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et da dita vossa
iglesia, dou-vos a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa
iglesia para senpre en pura et firme doaçon et por iur
d’erdade, todo quanto herdamento et vos, casa, arvores et
formaes eu aio et me perteeçe de aver en qualquer maneyra en
Grisulfe et en seu termino por parte de Thereyia Rodrigues, minna
muller que fuy, con todas suas dereyturas et perteneças, a
monte et a fonte, peru quer que vaa sub signo de San [...] de
Grisulfe, et obligo meus bees de vos faser a dita doaçon de
pas a todo tempo, et logo por esta presente carta vos dou o iur et
possisson et propiedade dos ditos herdamentos et vos con suas
pertenenças et tiro del a min et a toda minna vos, et se eu
d’aqui adeante del usar connosco que o uso por vos et en nomme
da dita vossa iglesia precario, et prometo a a boa fe de nunca
revogar esta doaçon por ninhuna maneira que seia, et se o
tentar de faser que me non valla nen seia sobrelo oydo en juyso nen
fora del. Et nos, o dito sennor sennor (sic) obispo, por nos et en
nome da dita nossa iglesia, asi reçebemos a dita esmola et
doaçon que nos fasedes. Et eu, o dito Gil Rodrigues, assy vos
la outorgo, et porque esto seia firme et çerto rogo a Ioha
Arias, notario publico de Lugo et enna vossa abdiençia, que
vos de delo carta firme signada con seu signal.
Que
fuy feyta en Grisulfe, viinte et oyto dias de fevreyro, era de mill
et quatroçentos et quatorse annos.
Testemoyas
que foron presentes: Arias Garçia, clerigo de Panton; Afonso
Gonçalves, clerigo de Vilamene; Gil Vasques de Santa Alla,
Afonso Eanes de Caldelas, Fernan Domingues Teyxon, Afonso Rodrigues,
camareiro, Iacome de Bobeda, Ruy Vasques, omes do dito sennor obispo,
et outros.
Eu
Iohan Arias, notario publico sobredito, a esto con as ditas
testemoyas fuy presente, et a rogo do dito Gil Rodrigues esta carta
escripvi et puge en ela meu nome et signal en testemoyo de verdade.
Iohan Arias notario.