173
abril, 2
Representantes dos moradores de Seixalbo, Bentraces, Sobrado, Barbadás e Ceboliño, coutos do bispo, tendo a Lopo de Mugares como fiador e atopándose presos polos pedidos de 1429 a 1432 por un total de 91.636 mrs., comprométense a pagalos nun prazo de trinta días. (fols. 55-56)
Afonso Yanes, fiadoria dos coutos do bispo.
Et despois desto, sesta feira dous dias do mes de abril, en Ourense, ante as portas dos paaços que foron do duque don Fadarique, Martin de Calvos et Pero Yanes Boon Ramallo e Martin Brabo e Gonçalvo Yanes carteiro e Gonçalvo da Carbaleira et Gonçalvo Martines juis, por sy e en nome dos moradores de Seixalvo, et Afonso Yanes e Rodrigo Maao e Gonçalvo Rodrigues seu sobrino e Lourenço de Seoane e Gonçalvo Esteves e Joan Facheiro e Fernando Afonso do Paaço, moradores en Ventrases, por sy e en nome \dos moradores/ da dita aldea, e Joan Afonso de Sobrado e Afonso Fernandes daAlen e Gonçalvo da Bacariça et Vasco Rodrigues de Prado e Joan Seoane de Barbadaas et Pero Bybyaas, moradores en Sobrado et en Barbadaas, por sy e en nome dos outros ( fol. 55)
moradores da dita aldea, et Gonçalvo Rodrigues juis de Çebolino et Joan Copino et Pero Pereyro \et Joan Lopes de Santa Marina/ por sy e en nome dos moradores de Çeboliño que son ausentes, asy como devedores prinçipaas, et Lopo de Mugares seu fiador, todos de man comuun et cada huun por lo todo, se obrigaron que por rason que estavan presos en cadea en poder de Afonso Yanes juis d’Ourense a pedimento de Pero Roys exsepcutor dos mrs. dos pedidos del rey dos annos os ques estavan presos por rason dos mrs. dos pedidos dos annos de XXIX e de XXX e de XXXI e de XXXII annos, et por quanto o dito recadador et exsepcutor desia que achava que devian os ditos coutos \por noveenta et hun mill e seysçentos e seys et triinta e seys .- de brancas/ XC VIIM .- de brancas, segundo que estava determinado por Loys Garçia por ende que se obrigavan por lo qual estavan presos, por ende que se obrigavan todos de man comuun de pagar os ditos mrs. en diñeiros feitos ou por cartas de pago que sejan de reçeber doje este día que esta carta he feita ata triinta dias primeiros sigentes, postos en paz et en salvo en esta dita çidade en poder do dito juis ou do recadador que poder aja para os reçeber, ou de se tornar a dita cadea a poder do dito Afonso Yanes en cujo poder estavan presos, sopenna de mill frolliins ( fol. 55v) douro do cruno de Aragon, para o qual obrigaron sy e todos seus beens, deron poder conprido a qual quer justiça, renunçiaron etç. et mandaron faser contrauto forte e firme etç. Tests. que foron presentes Gonçalvo Fernandes escripvan e Fernando dAres, Gonçalvo de Riba de Miño, Joan Gonçalves, Pero Lopes, omees do dito Afonso Yanes juis.