O dito Pedro de Santo André confirma o testamento
anterior e engade un codicilo en que nomea testamenteiro o mercador
Afonso González, a quen doa unha dobra de ouro, dota á súa criada
Tareixa con 1000 pares de brancas para a súa voda, fai novas mandas en
favor da súa muller e relaciona máis debedores. (fol. 7-7v)
Et despoys desto, a oyto dias do mes de janeiro, duas oras da noyte do dito dia pouco mays ou menos, do anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e oytenta e quatro annos, dentro ennas ditas casas do dito Pero de Santo Andre, que son enna dita aldea de San Çibraao,
couto da dita iglesia da Trinidad da dita çibdad d’Ourense, o dito Pero de Santo Andre, jasendo doente da dita doença, diso que confirmava o dito testamento e ho aprobaba e ho aprobaba e mandaba que valese en juysio e fora del segundo enel se contyña, e querendo enel emendar e correger por via de codizillo que leixaba por conpridor do dito seu testamento Afonso Gonçalves mercador, morador enna dita aldea de San Çibraao, para que fesese conprir o dito seu testamento aos ditos seus herdeiros e que lle mandaba por seu traballo huna dobra douro. Iten mando a mina criada Tereija dous mill pares de brancas para casamento. Iten mando que a dita mina moller Aldonça Rodrigues que teña en sy todo o diñeiro e do vyño e de outras cousas que teemos e que ela o gaste e conpridas minas honras e misions que lle que lle garde todo o restante e que se gaste por sua anima e por la mina a morte dela. Iten me debe Joan de Santiago, morador en Vigo, çento e trinta e sete mrs. vellos. Iten me debe Gonçalvo de Vila Gudyn qatorse mrs. /vellos\ morador enno
(fol. 7) alfoz de Sarria. Iten me debe Joan de Vila Gudyn oytenta mrs. Iten me debe Roy Munis dozentos e viinte mrs. Iten me deben hos herdeiros de Joan do Pyneiro, morador en San Cristoboo de Martin, dous caldeyros de viinte e tres çeremiis, os quales me debia o dito Joan do Pyneiro defunto e eu reçeby del çento e çinqoenta mrs. vellos. Iten me debe Joan de la Caleja vyscayño çento e noventa e quatro mrs. (vellos)*. Tests. que foron presentes Meendo Patyño, raçoeiro da iglesia d´Ourense e capelan da Trinidad, e Gonçalvo Rodrigues e estevo do Curral,
moradores enna dita aldea de San Çibraao, e Afonso Martis, morador en Giestosa,
e Pero d’Outerelo, criado do dito Joan de Lemos canonigo.
(fol. 7v) (- - -)
(fol. 8) (- - -)
(fol. 8v)