GMH/ÍNDICE A-Z

1055
1440, xaneiro, 20. San Paio de Diomondi

O bispo de Lugo afóralles a Afonso Picón, á súa muller e a dúas voces unha leira de viña no lugar da Compostela, freguesía de San Paio de Diomondi, por renda anual da quinta parte do viño mailo dezmo e a porción correspondente das uvas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/7, perg. orix., galego, cortesá, 160 x 260 mm.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos don Alvaro [Osorio] por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, conoscemos et [outorgamos] que damos et aforamos a vos Afonso Picon, morador en [...] nosso couto de Diomonde, et a vossa muller, Mayor Afonso, [et a duas persoas des]poys de vos qual o postromeyro de vos nomear en sua vida, ou a tenpo de seu finamento, et se non for nomeada que seia aquela que herdar et suçeder en vosos bees de dereito, por en todos los dias de vosa vida et de cada huna de vos, conven a saber huna leyra de vina, que ias en a ayroaa, en o lugar que chaman a Compostela con seu termino et entradas et saydas et jures et pertenenças et dereyturas per hu quer que vaa sub signo da nosa iglesia de San Payo de Diomonde, segundo que a vos ora usades et tragedes a jur et a mao, et labredes et reparedes ben [...] et a dita vina et reparada de todo aquello que lle feser mester en guisa que se non perga con mingoa de laborio et çarradura et boo paramento; et dedes de foro da dita vina a quinta parte do vino que Deus en ela der, o disimo pago, et eso mesmo o dito disemo dela o que a nos et a a dita nossa iglesia perteesçe en uvas colleytas en os çestos posto en o nosso lugar de Belsar a vista de nosso mordomo do dito couto; et non avedes de vender, supignorar, nen [eallear] este dito foro a outra persoa algua que seia sen nossa liçençia et mandado, et a postromeyra persoa que suçeder en o dito foro do dia que for nomeada por persoa que seia tiuda et obligada de notificar et mostrar a nos, ou a noso suçesor, en como he persoa do dito foro ata triinta dias primeiros seguentes su pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Afonsso Picon, por min et en nome da dita mina muller et persoas asy reçebo de vos, o dito senor Obispo, este dito foro en a maneyra et por las condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et da dita mina muller et persoas de o teer, comprir, pagar et gardar segundo dito he. Et nos, o dito senor Obispo, asy vos lo damos et outorgamos et vos mandamos delo dar esta nossa carta firmada de nosso nome et seelada de nosso seello et signada do signo de Pedro Fernandes de Valladolid, notario del Rey, nosso secretario.

Feyta et outorgada en o nosso lugar de San Payo de Diomonde, viinte dias de janeiro, ano do nasçemiento de nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta anos.

Testemoyas que foron presentes: Ares Afonsso, bacheller, arçediago de Triacastela; et Estevo Rodrigues de Froyan; et Ares Peres, notario de Lugo.

Alvarus, lucensis episcopus.

Et yo el dicho Pedro Fernandes, escrivano et notario publico sobredicho, fuy presente a todo lo sobredicho con los dichos ts. et por ende fis aqui mio signo en testimonio de verdad (signo).