Pedro de Miranda, alcalde, aumenta nove días de prazo
 a Gonzalo, labrador de Ceboliño, para que presente dúas testemuñas para
 probar a acusación contra Lopo de Buxán. (fol. 58v)
Gonçalvo labrador de Çebollyno. 
A quinse dias de mayo en Ourense, o dito Pero de Myranda alcallde deu praseo ao dito Gonçalvo, labrador de Çebollyno, de outros nove dias para que presentase ante el II tests. et provase como o dito Lopo de Bugan lle disera que a sua dobra que era pasada, con juramento que feso en forma etç. Tests. Estevo Coello, Diego Ares et Vasco Peres et Afonso Cofan de Çebollyno.