GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

644
1362, maio, 7. Valle
O meiriño maior de Galicia e outras autoridades aperciben as persoas que ocupan as herdades de Insua de San Martiño, na freguesía de San Miguel de Sor, para que as desaloxen ou recoñezan o señorío da devandita igrexa.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/5, perg. orix., galego, gótica cursiva, 349x365 mm.

En Valle, sete dias de mayo, era de mill et quatroçentos annos.

En presença de min Affonso Eanes, notario publico de Valle, et das testemoyas subescriptas, Iohan Eanes de Burella, procurador do moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, dean et cabidoo de sua iglesia, por carta de procuraçon suffiçiente, que ende mostrou, geeralmente sobre todos seus pleitos et demandas que elles avyan, ou outros alguun, ouvesen contra elles, que el levou para guarda de seu dereito, et estando presentes a mayor parte dos omes das fiiglissias de Santa Marina das Negradas, et de Çerdido, mostrou huna carta de Gomes Fernandes de [Santa Alla], meryno mayor ennas meryndades de Gallisia, por que enprasava para ante sy a Roy Lees de Çerdido, Pedro Lourenço de San Payo, Maria Conpaneira, Pedro Ferrnandes Sasido, Fernando Pernas de Santa Marta, et todos los outros que lavravan herdades enna Inssoa de San Martino, fiiglesia de Sor, ou eran y herdeiros por alguna rason, por rason que disia que a dita Inssoa era do dito sennor obispo de Lugo et dean et cabidoo et da albergaria dy, et lle la entraran os sobreditos et outros alguuns por força et contra sua voontade. O qual enprasamento lles fasia para d’oie a tres dias primeiros siguientes, et desto que pidia a min notario testemoyo. Et logo Roy Lees por nome de sy, Pedro Fernandes de San Payo, Fernando Ballon por nome de sy et de toda sua yrmeydade, que herdavan enna dita Ynssua, porque outorgou que por sy et por seus bees de os faser estar a esto que se sige; et Apariço Domingues, Pedro Fernandes Preto, Maria Companeira, Pedro Affonso de Touçite por nome de Fernando Castellao, seu sobrino, porque obligou de faser por el et Gonsalvo Peres, clerigo, et Pedro Fernandes Sasido, Iacome Peres por nome de Iacome Affonso, morador en Vares, porque obligou a faser por sy et por seus bees, disseron que elles conosçian et outorgavan que a dita Ynssoa et erdades della, et outras coussas quaesquer que y estesen, que eran do dito sennor obispo et deam et cabidoo de sua iglesia et albergaria della, et elles por nome dessy et d’aquelles por que se obligavan, et por todas suas voses, que a desenbargavan et se partian de dereito algun se lles y perteesçian, a o dito sennor obispo et deam et cabidoo et albergaria, et a o dito Iohan Eanes en seu nome, et que outorgavan que des aqui endeante que lle non fesesen sobrelo torva nen enbargo en algun tempo por sy nen por outro, en iuso nen fora del, et que des aqui adeante que lle outorgavan libre podirio para entrar et pessuyr et faser dellas o que quisese sen enbargo delles et de cada hun delles et de todas suas voses, et se alguna coussa des aqui adeante della hussassen que outorogavan que a tiinan et ussavan por lo dito sennor obispo et sua yglesia et albergaria et en seu nome precario. Et o dito Iohan Eanes disso que el por nome do dito sennor obispo et deam et cabidoo, cuio procurador era, que assy o reçebia et que pedia dello testemoyo.

Testemoyas: Martin Affonso de Vale, Pedro Rodrigues, moradores en Santa Marina; Rodrigo Yanes, morador en Lugo; Garçia Yanes, ome do dito Iohan Yanes, et outros.

Et eu Affonso Eanes, notario sobredito, a ysto que sobredito he con as ditas testemoyas pressente foy et a rogo et pidimento do dito Iohan Eanes este testemoyo, por quanto estava ocupado d’outros negoçios, en minna pressença o fis escrivyr, et puge y meu nome et mey synal que tal he en testemoyo de verdade. (+).