GMH/ÍNDICE A-Z

385

setembro (¿febreiro?), 3

Sentencia para que Nuno González entregue a Xoán Lourenzo quince botóns de prata que collera empeñados a unha taberneira súa por viño que lle vendera e do que xa cobrara a metade. (fol. 114-114v)

Et despois desto día sesta feira, tres dias do mes de fevereiro, en Ourense enna Praça do Canpo, audiençia da terça, ante o dito Pero Rodrigues alcallde, Joan Lourenço ferreiro demandou a Nuno da Praça XV botoons de prata, que pesavan XIIII botoons, que lançara a huna sua taverneira Aldonça que presente estava, por XII .- e que lle dera VI .- et que devia outros VI .- e que lle mandasen dar XV botoons (fol. 114)
botoons ou os ditos XIIII rayaas que pesavan con a feytura delles e logo a dita taverneira diso que era verdade que o dito Joan Lourenço que lle deytara os ditos botoons a prendas por los ditos XII .- e que por VI .- e que dera os ditos botoons ao dito Nuno Gonçalves en conta do dito viño que lle vendera et o dito alcallde diso que mandava o dito Nuno Gonçalves que doje a IX dias dese e entregase os ditos botoons ao dito Joan Lourenço e non los entregando que lle pagase por eles os ditos XIIII rayaas de prata, con mays a feytura dos ditos botoons e con as custas dereitas e as partes consentiron. Tests. Afonso Anriques, Loys Gonçalves notarios, Goterre Afonso, Afonso Codeiro.