GMH/ÍNDICE A-Z

470
1434s/d

Gonzalo de Riobóo, morador en Monterroso, outorga poder a Ares Fernández, xastre, para demandar a Lourenzo Domínguez, carniceiro, 80 mrs. que lle debe de gando que lle fiou ao seu mozo. (fol. 139v)

  

Gonçalvo de Rio Boon \morador en Monte Roso/ deu se poder conprido jeeral et abastante Ares Fernandes, alfayate vesiño d’Ourense, para que por el et en seu nome posa demandar a Lourenço Domingues, carniçeiro vesiño d’Ourense, oyteenta mrs. branca en tres dños. que lle deven do gando que fyou a seu moço Estevo e para que lle posa demandar os ditos mrs. et dar carta e cartas de pago etç., con poder de sustetuyr etç. En este pleyto o feso procurador en todoslos etç. Obrigou seus beens etç. Tests. Joan Peres de Monte Mayor et Afonso de Santiago morador en d Ligonde et Gomes beesteiro e Vasco et Goan do Bouteiro.