GMH/ÍNDICE A-Z

496
1434novembro, 27
Estevo Anes de Seixalbo, como titor da filla de Xoán Caldelao, a quen mataran preto de Chaves, outorgara poder a dúas persoas para acudiren a esa vila a procurar os bens que alí ficaran, e eles declaran non teren atopado máis que dous rocíns, dos que cumpría descontar os gastos das súas xestións. (fols. 152v-153v)

Estevo Anes de Seixalvo.

Et despois desto, a XXVII dias do dito mes do dito anno, por rason que Estevo Anes de Seixalvo, tutor et curador dos beens que ficaron de Joan Caldellaao, morador que foy en Seixalvo, et por quanto o dito Joan Caldellaao mataran en terra de Purtugal, a par de Chaves, por lo qual o dito Estevo Anes dera poder conprido a Joan do Barreyro e a Roy de Vylariño morador en Chante de Igleia et enno couto de Monte de Ramo, para que fosen procurar et demandar os beens que ficaron do dito Joan (fol. 152v)

Caldellaao para que os ouvesen para sua filla Maria A Maria Anes, filla do dito Joan Caldellaao, enno qual lles dera poder et o dito testamento e escripturas para que podesen demandar os ditos beens que asy ficaran do dito Joan Caldellaao, et por quanto elles foran ao dito reyno de Purtugal, por ende que fesesen juramento e declarasen por seu juramento todo o que asy ouveran e trouxeran do dito Joan Caldellaao, et logo os ditos Joan do Barreyro e Rodrigo de Vylariño feseron juramento en forma devida, porlo qual declararon que non trouxeran nen ouveran nen recadaran outras cousas nen beens nenhuuns, senon dous roçiins con seus aparellos e que outra cousa nehuna non trouxeran, et que vese o dito desto que lles descontasen os gastos que feseran en yr duas veses a buscar os ditos beens e seu traballo, et o mais que os ditos roçiins valían que eran prestes de o pagar. Et logo os ditos Estevo Yanes et os Joan do Barreyro e Rodrigo de Vylariño se conbeeron et acharon todos tres por conta çerta que descontando os gastos que feseran e de seu traballo que valian mays as ditas bestas pagado todo o custo, çento e viinte mrs. de moeda vella branca en tres dños., cada huun seseenta mrs. os quaes se obrigaron de dar ao dito Estevo Anes, tutor da dita menor, ata día de pascoa de resureiçon primeira que ven, e non los dando (fol. 153)

ao dito termino que dende endeante que os teña a ganançia como mrs. de orfoos, para o qual obrigaron seus beens de os pagar os ditos mrs. ao dito termino e de o teer todo asy, et ficaron mays de entregar o testamento do dito Joan Caldellaao ao dito Estevo Anes e os testemunyos que lle sobre elo dera, et do al o dito Estevo Anes deu por livres aos ditos Joan do Barreyro et Rodrigo de Vylariño do mays preço que os ditos roçiins montavan etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. Pero Fernandes de Porçomillos notario, Rodrigo criado de Yuda Peres e Rodrigo e Joan do Bouteiro et Vasco escripvaans.