GMH/ÍNDICE A-Z

134
1433(?), febreiro, 12

Gonçalvo de Manteles, labrador, morador en Santa Vaya Vedra, e Fernan Peiteado prometen devolver a Domingo Vidal, carpinteiro, e á súa muller Maria do Barro os bens que lles tiñan empeñados se pagan os 100 mrs. antes do mes de xullo próximo.

(ff. 64-64 v)

Dose dias do dito mes de fevereiro. Sabean todos que eu Gonçalvo de Manteles, lavrador, morador ẽna fiigresia de Santa Vaia de Vedra, que he en tera de Ribadulla, que soo presente, et eu Fernan Peyteado, morador ẽna dita fiigresia, que eso mesmo soo presente et que faço por min et en nome de mia moller, por la qual me obligo ela aver esto aqui adeante por firme, nos os ditos Gonçalvo de Manteles et Juan Peyteado, queremos et outorgamos que por rason que nos et outros nosos yrmãos tiinamos enpenados çertas herdades de Juan da Prancha, que Deus perdon, as quaes son ẽna dita fiigresia de Santa Vaya, por contia de çient mrs. de moeda vella, branqua en tres dineiros, et vos Domingo Vidal, carpenteiro, que presente estades, por vos et en nome de vosa moller Maria de Barro, filla do dito Juan da Prancha, desides que nos queredes dar os ditos çent mrs. et que vos entregemos // as ditas herdades, segundo que as asi teemos apenadas por los ditos çient mrs. do dito Juan da Prancha, por ende eu, o dito Gonçalvo de Manteles por mĩ, et eu, o dito Juan Peyteado, por mĩ et en nome da dita mĩa moller, de nosos praseres et libres boontades, prometemos et outorgamos a vos, o dito Domingo Vidal, por vos et en nome da dita vosa moller Maria de Barro, que dandonos vos et pagando os ditos çient mrs. por dia de Santiago do mes de jullio primeiro que ven deste dito ano, que nos, en quanto nos tanje, que vos leixemos et desenbargemos as ditas herdades que asi teemos enpẽnadas do dito Juan da Prancha, para que delas façades toda vosa livre voontade, et non nos dando et pagando vos, o dito Domingo Bidal, os ditos çient mrs. por lo dito dia que as ditas herdades sejan rematadas et nosas para todo senpre. Et eu, o dito Domingo Bidal, que soo presente por mĩ et por la dita mĩa moller, asi o resçebo et outorgo; et esto todo como dito he deve de seer conprido et agardado ontre nos as ditas partes aa boa fe de Deus et sen mao engãno et por nos et por todos nosos bẽes, et so pena de mill mrs. de boa moeda que peyte a parte de nos que o asi non tever et conprir a outra parte ou partes de nos que o asi toveren, conpriren et gardaren; et a pena pagada ou non esto este senpre firme. Feita na dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas: Garçia Soares, juis de Muro, Alvaro de Penafrol et Juan Peres de Santiago, criados de Lopo Alvares de Leon, et outros. Feita.

(Aquí continúa a escritura 125 que comeza no f. 60)

de consũu et vindimardes as ditas viñas por nos ou por noso home et provieer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever ao partir do dito viño; et avendo de vender ou sopẽnorar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes a nos ou a nosas vozes o devedes fazer, tanto por tanto segundo que outro vos por elo der, querendoo nos, et non o querendo que enton o façades a personas semitaveles de vos, et non o fasendo asi que non valla o que ende fezerdes. Et por esto nos, os ditos Afonso Eanes et Maria Afonso mĩa moller et nosas vozes, devemos vos de anparar et defender con este dito aforamento et fazervoslo saao et de pas de todo enbargo por senpre por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo, et so pena de dous mill mrs. de boa moeda que vos peitemos por pena seo asi non teveremos, conpriremos et contra elo vieremos. Et eu o dito Sueiro Martis, que asi soo presente et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas bozes, asi outorgo et resçebo este dito aforamento segundo et por la bia que se en este estromento de foro conten; et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller et as nosas vozes o tenamos et conpramos et pagemos todo asi aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo et so a dita pena. Et a pena etc., todavia etc. Feito o estromento na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes, Juan Fernandes, clerigo de San Christovoo de Briallos, et Gomes Fernandes criados de Gomes Gonçalves, clerigo de San Juan de Leeiro, et outros.

Feita hũa vez.