GMH/ÍNDICE A-Z

58
1433, setenbro, 12

Juan da Caal, mercader de Pontevedra, fai acordo con Fernando Nunes, escrivano de Pontevedra, sobre os dous tercios dunha casa na Rúa de Moldes, que paga de foro 10 maravedis.

(ff 26-26 v)

Este dia. Sabean todos que eu Juan da Cãal, mercador, vesiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et en nome de mĩa moller Sancha da Cãal, por la qual dita mĩa moller me obligo por min et por meus bẽes conprir et satisfazer, que faço por mĩas vozes et suas da hũa parte, et eu Fernan Nunes, escripvan, besiño da dita villa, que outrosi soo presente et que faço por min et por mĩas vozes, da outra parte. Nos partes sobreditas, por nos quitar de pleitos, contendas que entre nos poderan requesçer sobre rason de hũu foro de dous terços de hũa casa que eu, o dito Juan da Cãal, teño ẽna Rua de Moldes da dita villa, ẽna qual agora mora Juan de Marin, lavrador, os quaes ditos dous terços da dita casa eu asi tiiña aforados de Gomes Lourenço de Bilaboa, a quen Deus perdon, por dez maravedis de moeda vella, contando a branca en tres dineiros cada un ano et despos suçedeu ẽno dito foro o convento do moesteiro de San Françisco da dita villa, o qual dito convento do dito moesteiro dou despois o dito foro a Gonçalvo de San Paayo, demandador, contra o cual dito Gonçalvo de San Paayo vos, o dito Fernan Nunes, tiñades sobre el et sobre seus bẽes hũa sentença arvitraria en que vos foi condenado en contia de tres mill maravedis da dita moeda et mas a pena dela en que vos caera et encorrera. Et agora o dito Gonçalvo de San Paayo se finou deste mundo para Deus en este mes de mayo primeiro pasado, et vos, por vertude da dita sentença, reçebestes ao dito Gonçalvo de San Paayo o foro dos ditos dez maravedis da dita casa para en pago do contiudo na dita sentença, o qual asi reçebestes por lo mordomo da dita villa. Por ende, eu o dito Juan da Cãal, que asi fazo por min et en nome da dita mĩa moller et por mĩas boses et suas, quero et outorgo et fico de vos recudir con o dito foro da dita casa do ano corrente que se finçera por dia de San Migell de setenbre // primeiro que venrra deste dito ano et dende endeante para todo senpre, con tanto que vos o dito Fernan Nunes vos obligades a vos et a vosos bẽes de me quitar do dito foro dos ditos dez maravedis de qualquer outro opositor que mos demandar, en maneira que eu aja de pas a dita casa segundo que a tiiña et teño et o dito Juan de Marin por min. Et eu, o dito Fernan Nunes, que asi soo presente et que faço por min et por mĩas boses, asi o outorgo et resçebo todo como dito he et prometo de vos quitar do dito foro dos ditos dez maravedis de qualquer persona ou personas que vos lo quiser demandar ou enbargar, por min et por meus bẽes que vos a elo obligo, et qualquer de nos partes que contra esto for et o asi non conprir et agardar, como suso escripto he, outorgamos que peite por pena aa parte que o conprir et agardar quinentos maravedis da dita moeda, et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Feito na dita villa de Pontevedra ano, dias, mes, sobreditos. Ts. que foron presentes: Marcos Carneiro et Fernan Reixas, çapateiro, et Fernando Escripvan, criado de min notario, et outros. Feito hũa ves.