GMH/ÍNDICE A-Z

049
1457

-49-137

Venta.

Ẽno dito logar de Rriãjo, XXVIJ djas do dito mes e ano4. Como4 eu, Pero de Teayo, vesiño da Cruña, vendo a vós, Jon Seco de Rriãjo138 e a vosas boses, para vender, trocar, enpenar, et çétera, / a mjña parte da herdade, así casas como4 casares, vjnas, herdades, ortas, enxjdos / e chantados e outros herdamẽtos a donde que(e)r que vã, a mõtes e a fontes, cõ súas / aguas corrẽtes e vertẽtes e pertenẽçias, que eu ajo e teño e me pertẽesçe / e perteesçer deue ẽno Rrial de Pegigeyro, que he ẽna freig[re]sja139 de Sã Gião / de Leýño, e por bos de mjña aboa, Marina Brãca, e de meu padre, Gonçaluo de Teayo[140], que se parte cõ fillos / de Jon Ares e Pedr'Arias141, o qual vos vendo e a vosas boses por preço / e cõtía de çent4 morauidís vellos, de que me outorgo por pagado, por quanto os rreçebj / logo, en presença deste notario e testigos, en hũa dobra d'ouro e de peso castelãa; / quito e parto de mj o jur e posesiõ e o pono e traspaso en vós e vosas / boses, e oblígome cõ todos meus bees de voslo faser çerto e são e / de pas e desẽbargado de qualque(e)r persona4 que voslo vena demãdãdo, / so pena4 do dobro da dita cõtía. Outorgo carta firme qual paresçer, / signada4 de vós, dito notario. Testigos: Jácome de Medjn e Jon Cãtelrra / e Ferrnand Gonçalues, moradores en Rriãjo142.

Doua por njgúa / Jon Seco e mã/doua testar.

_________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
137. A nota está riscada con dúas aspas.
138. De Rriãjo está entreliñado.
139. Está escrito freigsja.
140. E de meu padre, Gonçaluo de Teayo está entreliñado
.
141. Despois está riscado de que.
142. Rematada a nota engadiu seu padre, Gonçaluo de Teayo no espacio que deixaba libre a última liña inconclusa
.