GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

480
1346, xaneiro, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Rodrigo Arias e á súa muller e a unha voz os casais de Bande e Susao, en Santa María de Alta, pola metade do labrado e criado cada ano, especificando as condicións, mais 10 marabedís e dous capóns de foro.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 49v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de don Pedro Jacome, juys de Lugo, vigario de don Diego Fernandes, dayam de Lugo, et de Vaasco Rodrigues, coengo de Lugo, teente amystraçon do mes de deçembre en terra de Santa Alla Alta, damos afforo et avervo a vos Rodrigo Aras, morador en Bande, et a vossa moller, Maria Fernandes, et a huna pessoa qual nomear o postrimeyro de vos, por en toda vossa vida et da dita pessoa, os cassares de Bande et de Sussao que son da dita amystraçon, a a tal condiçon que lavredes et paredes ben as erdades dos cassares sobreditos, et mantenades las cassas en boo estado et façades o çeleyro que esta formado sobre la cassa que vos feçestes, et cubrades a cassa que esta sub a dita cassa de queyçes et de terra, et avedes a dar a meatade de quanto lavrardes et criardes, cada anno, por omme do amystrador, dando-vos semente et promeando-vos do gaado, salvo d’orto et de nabal et de lyno et froyta de que non avedes a dar a meatade. Et non vos promeando de todo o gaado que dedes a meatade de quanto vos for promeado; et avedes a dar por todo foro dez moravedis desta moneda et dous capoes, cada anno, por dia de Sant Miguel, et avedes a tomar cada ano quatro oytavas de pan de consuum para mallar et para segar. Et a finamento de vos, o dito Rodrigo Aras et da dita vossa moller, que a pessoa que for nomeada de vos para o dito vervo et foro, que venna reçeber de nos o dito foro et vervo.

Et eu, o dito Rodrigo Aras por min et po-la dita mina moller et po-la dita pessoa, assi outorgo et reçebo o dito vervo et foro, et obrigo todos meus beens de o comprir et abreger.

Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos las ditas partes rogamos a Johan Martines, notario publico del rey en Lugo, que feçesse ende esta carta et a desse a o dito cabidoo et desse outra tal carta a o dito Rodrigo Aras, et por mayor firmedume mandamos-la seelar con nosso seelo de nos los dito cabidoo.

Que fuy feyta en Lugo dous dias de janeyro, era de mill et CCCos et oytaenta et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Diaz, thesoreyro; don Aras Pelaes, arçidiago de Deçon; Iohan Dias et Affonso Gomes, coengos; Rodrigo Affonso, raçoeyro; Martin Peres, clerigo, ts.

Et eu Johan Martines, notario sobredito, a esto que dito he con las ditas testemoyas pressente fuy et a pedimento das ditas partes esta carta escrivi et puge y meu nome et meu signal en testimonio de verdade.