GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

527
1349, marzo, 2. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Rui Pérez e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa do Campo e parte doutra próxima a esta por renda anual de 30 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 60r.

Era de mill et tresentos et oyteenta et sete annos, dous dias dias (sic) de março.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dean, et o cabidoo da iglesia de Lugo, afforamos et avervamos a vos Ruy Peres, piliteyro, dito Leyton, morador en Burgo Novo, et a vossa muller, Viviana Peres, por en todos vossos dias et seus et de huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear a tempo de seu finamento, a nossa cassa que esta na rua do Campo a par da cassa que foy de Moor Peres, nana de Lopo Domingues, nosso coengo, na qual cassa ora morava quando finou Marina Franca do Canpo. Outrosy vos avervamos a vos et a dita vossa muller et a a dita pessoa a outra meatade minos a oytava da cassa que esta enna dita rua don Campo, a par desta cassa sobredita en en (sic) que a dita Marina Franca morava, enna qual cassa sobredita an a outra meatade et mays a oytava, fillos d’Aras Peres da Crus et de Afonso Martines do Campo, enna qual cassa outrosy morava ora quando finou Tareyia Ferrnandes, yrmaa que foy de Afonso do Campo, as quaes cassas sobreditas son sub a capella de San Pedro; et esta cassa et mea minos oytava sobreditas vos avervamos con suas dereyturas et pertenenças et entradas et saydas et iures et agoas vertes en tal maneira et con tal condiçon que vos et a dita pessoa que as reffaçades et reparedes d’aquel dubeyro que ouverem mester, et que as mantenades en boo estado, et que dedes a a dita iglesia de Lugo, cada anno, por alugueyro dellas trinta moravedis, d’oyto soldos o moravedi desta moneda en salvo, ou a vallia delles, et a a morte d’aquela pessoa que o pustrimeyro de vos nomear que esta dita cassa et media minos oytava fiquen livres et quitas a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Ruy Peres, que presente estou por min et por la dita minna muller et en nome da dita pessoa, assy reçebo de vos, o deam et cabidoo, o dito vervo, et obrigo min et todos meus beens et da dita minna muller para pagar, cada anno, os ditos triinta moravedis en salvo, et comprir esto que dito he. Et por que esto seya çerto et non vena en dulta nos, deam et cabidoo et Ruy Peres partes sobreditas, rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico del rey en Lugo, que fezesse ende desto duas cartas en hun tenor tal huna commo a outra. Feitas en Lugo dias et era et mes sobreditos. Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres de Lugo; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pero Aras, mestrescolla; don Vaasco Dias, thesoreyro; Lopo Domingues, Alvar Rodrigues, coengos; Diego Gomes, Gonçalvo Eanes, raçoeyros; Fernando Garçia et Fernando Peres, notarios de Lugo, ts.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico sobredito, a esto presente foy et por rogo das partes sobreditas esta carta escripvi et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.