GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

782
1378, xuño, 6. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles ao notario Gómez Pérez e á súa muller e a unha voz unha casa en Chantada por renda anual de dous marabedís os primeiros beneficiarios e 20 soldos a voz.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 13r.

Sepan quantos esta carta virem commo nos don Iohan Afonso, dayan de Lugo, et cabidoo da iglesia dese lugar con outorgamento de Gonçalvo Rodrigues, procurador dos aniversarios da dita iglesia, estando iuntados en cabidoo por campaa taniuda enno coro da dita iglesia, segundo avemos de uso et de costume, fasemos carta et damos aforo a vos Gomes Peres, notario de Chantada, et a vosa moller, Leonor Fernandes, por en todos vosos dias et a pus vosa morte a huna pesoa qual o postrimeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, a nosa casa, que nos abemos enno dito lugar de Chantada, a qual mandou a a dita iglesia Gonçalvo Sandio, clerigo, enna qual ora mora Marina Ferrnandes, que foy sua mançeba, que a a de teer en sua vida, por tal condiçon que vos et a dita pesoa que o postrimeyro de vos nomear em este foro que entredes et usedes a dita casa commo vos comprir a morte da dita Marina Ferrnandes, que a tenades feyta et cuberta en boo estado, et dedes en cada hun anno a a dita iglesia por renda della en pas en salvo dentro enna villa de Lugo, a o procurador dos aniversarios da dita iglesia, vos, o dito Gomes Peres, et vosa moller por dia de San Martino de novembro dous maravedis desta moneda usual, a des dineyros cada maravedi, por en toda vosa vida et a pesoa que o postrimeyro de vos nomear que page cada anno por en toda sua vida por lo foro da dita casa viinte soldos da dita moneda por este dito dia, que som viinte et sete maravedis minos terça de hun dineyro; et a finamento desta pesoa que o postrimeyro de vos nomear leixedes a dita casa a os aniversarios da dita iglesia en boo paramento, et nos faremos-volla de pas.

Et eu, o dito Gomes Peres, por min et por la dita pesoa asy reçebo o foro da dita casa et obligo meus bees et seus de dar et pagar a vos, o dito cabidoo, ou a o procurador dos ditos aniversarios, en pas en salvo enna villa de Lugo os ditos viinte maravedis cada hun anno por lo dito dia de San Martino por en toda mina vida et da dita minna moller, et depoys de nosso finamento que a pesoa que o postrimeyro de nos nomear que vos page a o dito praço de San Martino cada hun anno os ditos viinte et sete dineiros minos terça dun dineiro, et a finamento desta pesoa que os fique a dita casa livre et quita et ben parada.

Et nos as ditas partes asy outorgamos a dita carta, commo dito he, et poemos que a parte que esto pasar que peite a a parte que o aguardar et a a vos del rey de per meo çen maravedis da boa moneda, et para esto obligamos nosos bees et os bees da dita iglesia et dos ditos aniversarios, et a carta seia firme et valla en seu tempo.

Feyta enno coro da dita iglesia de Lugo, seys dias de iunyo, era de mill et quatroçentos et des et seys annos.

Testigos que foron presentes: don Juan Afonso, dayan, de Lugo; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastella; Arias Peres, Afonso Ferrnandes, sanchristan, Gonçalvo Rodrigues, procurador dos aniversarios, Alvar Ferrnandes, Jacome Ferrnandes, coengos da dita iglesia; Afonso Ferrnandes, dito alcallde, ome do abade de Chantada, et outros.

Et eu Fernan Peres Moreyra, notario publico ena çibdade de Lugo polla autoridade do senor obispo dese lugar, a esto fuy presente et a rogo do dito don Iohan Affonso, dayan, et cabidoo, que estavan iuntados por canpaa tangida eno coro da dita iglesia, et do dito Gomes Peres esta carta fige escripvir en mina pressença et puge y meu signal en testemoyo de verdade.