GMH/ÍNDICE A-Z

281
1346, agosto, 12
doazón

Lourenzo Anes Periquiño, dobreiro, dóalles aos clérigos do coro 50 libras sobre unhas casas na rúa da Praza para dotar unha misa.

ACOu, Clérigos do Coro, 14

(...) carta viren que eu Lourenço Anes Periquino dobreiro da igleia d’Ourense conssiirando soude de miña alma avendo prestança no meu (...) Jhesu (...)do polo seu sange preçioso que averá rimiimento aa miña alma en que todo fiel cristhao deve aver asperança, et outrossy cons(...) moyta (...) que reçeby da aniversidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense no tenporal e enno esperitual e assy a aver cada dia (...) ende en remiinçon de meus pecados dou esmonla enno amor de deus para por senpre en cadauun anno aa anyversidade dos ditos clerigos (do coro) çinqoeenta libras de brancos desta moeda de nosso señor el rey dom Afonso de que contan qoreenta par de diñeiros noves por tres libras que as (aian) depois de miña morte en cadauun anno. Et assigno e outorgo a anyversidade dos ditos clerigos do coro espeçialmente por que aian as d(itas) qoreenta libras en cadauun anno para por senpre hunas miñas casas que eu ey en Ourense que estan enna rua da Praça, as quaes estan du(...) e da outra entre duas casas que som do cabidoo d’Ourense et en çima entestan enna rua de Çima ennas casas d’Orraca Eanes (...) de Fernand Ares que foy, pelas quaes casas ia os ditos clerigos an de cada anno çen mor. Et por esta aniversidade dos ditos clerigos (...) fazer dizer cada anno en toda miña vida huna minssa de Santa Maria cantada terçer dia apos dia de San Lourenço do mes dagosto. A qual (...) ia mandastes dizer en miña presença. Outrossy he posto que depois de miña morte que a anyversidade dos ditos clerigos façan dizer cada hun anno por miña alma aa onra e aa loor da virgen Santa Maria çinqo minsas de Santa Maria polas çinqo festas do anno de Santa Maria, en cada festa huna minssa cantada na ygleia cathedral de San Martiño. Et depois da minsa que vaan con agua sagrada meter oraçon por miña alma e de meu padre Iohan Pelequino aly hu eu jouver. Et se aos ditos clerigos sayr alguun enbargo sobrelas ditas casas espeçial ou geeral per que non possan aver conpridamente as ditas çinqoeenta libras obligolles espeçialmente estas casas en que moro e en geeral os outros meus beens e meus herees. Et per esta carta depois de miña morte meto a dita aniverssidade dos ditos clerigos do coro en posisson das ditas casas da Praça por que aian as ditas çinqoeenta libras. Et prometo aabofe de non vir per min nen por outre contra esta carta nen contra as cousas que en ela son contiudas en parte nen en todo en juizo nen fora del. Et se o fazer que non valla et demays que peite aa dita aniversidade por nomme de pena çen mor. da boa moeda et aa voz del rey outros tantos, et a pena pagada ou non esta carta e as cousas que en ela som contiudas fiquen firmes e vallan para senpre. Et se alguna doaçon teno feita destas cousas ou de parte delas ante desto ou fezer daqui endeante revogoa e mando que non valla. Feita a carta em Ourense, doze dias dagosto, era de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos. Tests. que presentes foron Johan de Trella dobreiro da igleia d’Ourense, Lourenço Cantelle, Garçia Alvarez, Afonso Anes clerigos do coro, Johan Peres dito de Seoane çapateiro, Pero Sineiro, Gonçalvo Cordeiro, Estevan Anes da Burgaa, Johan Afonso ome de Gonçalvo Peres da Triindade coengo d’Ourense, Johan Sirgo ome de Lourenço Periquino, Pero Anes carpinteiro moradores en Ourense.

Et eu Pero Martinez notario jurado na cidade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e esta carta en mia presença fiz scrivir e meu synal en ela puge en testemuyo de verdade que atal he.

(sinal)

[reverso] Carta de manda das casas da Praça.