GMH/ÍNDICE A-Z

295
1348, xullo, 6
venda

Roi Pérez, dito Sabadelle, escudeiro, obrígase a pagarlle ao seu irmán Lopo Rodríguez de Sabadelle todos os anos 4 libras de diñeiros brancos sobre os seus bens en Reboredo (Calvelle), por apartarse Lopo da metade do casal de Vilaenfesta, en Santa Cristina de Vilariño.

ACOu, Escrituras X, 57

Sabbean quantos esta carta viren que eu Roy Peres dito Sabadelle escudeiro dou e outorgo a vos Lopo Rodrigues meu yrmao e a toda vosa vos para senpre que aiades en cada huun anno para senpre por dia de San Martiño do mes de novenbro por todos os beens que eu ey e me perteençen enno lugar que chaman Revoredeo, que he enna freiguisia de San Miguell de Calvelle, quatro libras de diñeiros brancos da moeda de noso señor el rey don Affonso de que contan xlª pares de diñeiros por tres libras, as quaes quatro libras vos dou e outorgo pelos ditos beens por rason que vos vos partistes da meatade do casar de Villaenffesta que ias enna freiguisia de Santa Cristina de Vilarino e o demytistes en min que fesese del mina voentade, o qual casar vos conprastes a Lourenço Anes de Quinteela. Et obrigo a vos espeçialmente os ditos beens que eu ey no dito lugar de Revoredo e en geeral todos meus beens gaañados e por gaañar por que aiades en cada huun anno polo dito dia as ditas quatro libras e por que vos e vossa vos seiades con elas anparado e deffesso senpre a dereito. Et eu o dito Lopo Rodrigues assy reçebo de vos o dito Roy Peres as ditas quatro libras que me poedes en cada huun anno polos ditos beens et partome da dita meatade do dito casar de Villaenffesta e demytoa en vos que façades dela toda vosa voentade livremente e o que vos aprouver. Et a outra meatade do dito casar reteño em min. Et nos as ditas partes queremos e outorgamos que qual quer de nos que contra esto pasar que peyte aa outra parte que o conprir e aguardar de pena çen mor. de brancos, para a qual pena pagar aquel que en ela caer as ditas partes obligaron todos seus beens. Feita a carta en Ourense, seys dias de jullio, era de mill e ccclxxx e seys annos. Testemuyas Gonçalvo Anes dito das Traves e Pero Anes alffayate e Ares Peres ome do dito Ruy Peres.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e en mina presença o fis escrivir e meu nome e signal y puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Lopo Rodrigues de Sabadelle.

Carta de Vilaenfesta das quatro libras que deu en Calvelle hu chaman Revoredo.