GMH/ÍNDICE A-Z

382
1371, setembro, 8
foro

Tareixa Fernández afóralles a unha voz a Xoán Lourenzo e á súa muller, Tareixa Iáñez, as herdades que lle pertencen en Belesar de parte de Fernando Martínez, que foi chantre de Tui, por 11 libras, e que paguen o foro ao señorío.

ACOu, Escrituras XVI, 22

Sabean quantos esta carta viren que eu Tereyia Fernandes criada de Fernan Martines chantre de Tuy que foy e moller de Go(...) Anes de Sueyros que foy morador en Velle hu chaman Regouffe, dou e outorgo a foro a vos Johan Lourenço morador (...) freyguysia de San Migueel de Melees e a vosa moller Tereyia Anes e a huna vos apus vossa morte qual nomear o pustrimeiro de vos a tenpo de seu fignamento, e se a dita vos non nomeardes que o seia o que os nosos beens herdar de dereito (...) todas las herdades e casas, arvores e cortiñas e foros e dereitos e dereituras e viñas que eu ey e a min perteençen de parte do dito (Fernan) Martines chantre enna dita freyguysia de San Migueel de Melees enno lugar que chaman Belsar. Afforo vos as ditas herdades (e) cousas sobre ditas a monte e a fonte con suas entradas e seydas e dereitos e perteenças asy que vos que as lavredes e paredes ben en tal maneyra que non defalescan por mingoa de lavor e de boon paramento. Et dedes ende a min ou a miña voz de foro cada anno en salvo por dia de San Martiño de novenbro onze libras de diñeiros brancos desta moeda que agora corre de que contan viinte soldos por huna libra ou a contia deles de outra moeda se correr enna terra. Et do al averdes as ditas erdades e cousas sobre ditas livres e quites de todo outro enbargo fazendo por elas os foros e dereitos ao senorio segundo que eu soon tiuda e que se por as ditas herdades han de faser. Et aa morte de vos e da dita vosa moller e da dita vos que as ditas herdades fiquen a min ou a miña voz livres e desenbargadas de vos e de vosa vos con todos boons paramentos que en elas foren feitos, novidade alçada. Et para con as ditas herdades e cousas sobre ditas seerdes anparados e defesos a dereito vos e a dita vosa moller e voz obrigo vos todos meus beens. Et eu o dito Johan Lourenço que soon presente por min e por a dita miña moller que non he presente e por a dita vos asy reçebo de vos a dita Tereyia Fernandes esto que dito he afforado, et para lavrar e faser o dito foro e conprir e agardar todo o que dito he obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et qual quer de nos as ditas partes que contra esto que dito he quiser passar peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen mor. de diñeiros brancos et a dita pena pagada non non esta carta e afforamento fique firme e valla segundo dito he. Feyta a carta en Ourense, oyto dias do mes de setenbro, era de mill e quatroçentos e nove annos. Tests. Vaasco Peres morador en Montezelo e Johan de Deus morador en Casanova e Domingo Anes morador en Velle.

Et eu Fernan Gonçalves notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvi e meu nome e signal y puge que tal he.

(sinal)