111
1419, marzo, 13.
O Concello acorda que Jacome Martínez, pola axuda que en todo momento prestara ós veciños, non pagase máis de 30 maravedís da renda, o mesmo se concede á súa muller.
Dia lus, trese dias do mes de março. Sabean todos que seendo en consistorio Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna çidade de Santiago e Martin Galos e Alvaro Afonso Juliate e Fernan Gonçales do Preguntoyro e Afonso Fernandes Abril e Juan Ares da Caña, regidores, jurados e omes bõos da dita çidade enno sobrado da notaria de Roy Martines, notario da dita çidade, segundo que han de custume e en presença de min Fernan Yanes notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Roy Martines, notario, e dos testemoyas adeante escriptos; enton os ditos alcalles, regidores e homes bõos, diseron que por faseren graça e obra boa a Jacome Martines, veziño da dita çidade, que presente era, e por serviço que el fesera a o dito conçello em bandear e ajudar en todas las cousas aos viziños da dita çidade onde seu poder era (e porque outrosy o dito Jacome Martines e sua moller Maria de Fraga eran exsentos por elo faser luminaria da iglesia de Santiago), que mandavan e mandaron que o dito Jacome Martines non pagase desta renda e medio que agora se avya de recabdar enna dita çidade mays de triinta moravedis, branqua en tres dineiros e que os mays moravedis que acaesçian de pagar ao dito Jacome Martines enna dita renda e media que elles en nome do dito conçello os tomavan e mandavan tomar en fallas aos procuradores que agora eran do dito conçello e outrosy que lles prazia e mandavan e mandaron//
(Fol. 56)
que o dito Jacome Martines dese e pagase doje este dia endeante en cada hũu anno triinta moravedis, branqua en tres dineiros, todas rendas e fallas e refallas e pedidos e de outros quaesquer moravedis que fosen repartidos e derramados enna dita çidade (e esto en quanto fose voontade do dito conçello e os pagase onde et a quen mandasen os da colaçon onde el agora morava e morase d’aqui endeante) e que defendian e defenderon que nihũu postor nen encanavador nen repartidor que fosen enna dita çidade nen posesen nen repartisem nen encanavasem ao dito Jacome Martines nen (aa dita) sua moller en mais contias de moravedis que ennos ditos triinta moravedis, branqua en tres dineiros en cada ũu anno e se o posesen ou encanavasen ou repartisem en mais maravaedis que os pagasen e susubisen por si e por seus bẽes. Et desto o dito Jacome Martines pedio testemoyo. Testemoyas que a esto foron presentes, Pero Afonso, notario da dita çidade e Vaasco Gomes de Marçoa e Jacome Gome, canbeadores e Fernan de Pas e Rui de Poupelin, moradores enna dita çidade.