GMH/ÍNDICE A-Z

182

1421, outubro, 9.
Gomez Rodríguez, bacharel en Decretos, recoñece ter recibido do procurador do Concello 700 maravedís dos marcos que tiña por mercede do arcebispo don Lope.

(Fol. 94 vº)
Nove dias do mes de oytubro. Sabean quantos esta carta viren como eu Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, outorgo e conosco que reçebi de vos Ruy Freyre, procurador do Conçello da çidade de Santiago, seteçentos moravedis de moeda vella branqua en tres dineiros, os quaes me pagastes en nome do dito conçello para en pago dos moravedis dos marquos de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo que eu del teño en merçed en cada huun anno e do selario que teño do dito conçello por rason de abocaçia e dos quaes seteçentos morabedis me outorgo por entrego e ben pagado e renunçio a toda eixençon que non diga ende o contrario e eu o dito Ruy Freyre asy o reçebo. Testemoyas Juan Eanes das Encrovas e Fernan Pasete e Juan de Guysande e Pero Gomes de Çiqueelo, visiños da dita çidade.