GMH/ÍNDICE A-Z

411
1434setembro, 12

O escudeiro Gómez de Bóveda, tendo como fiador ao rexedor Goterre Afonso, obrígase ante o recadador Afonso García a pagar o que lle corresponda das alcabalas de Cudeiro e Canedo do ano 1432.
       

Afonso Garçia.

Domingo dose dias do mes de setenbro, Gomes de Bobeda escudeiro como devedor prinçipal et Goterre Afonso rejedor vesiño d’Ourense seu fiador, anbos a dous de man comuun et cada huun por lo todo renunçiando etç. se obrigaron que por rason que o dito Gomes de Bobeda era tiundo et obrigando de dar et pagar Afonso Garçia recadador çerta contía de mrs. das alcavalas de Codeiro et de Canedo do anno de XXXII annos et por quanto el o dito Gomes de Bobeda lle devía çertos mrs. et seus fiadores das ditas alcavalas, por ende el, non se quitando nen relevando dos fiadores seus conpaneiros que tinan fiados enna dita renta, que se obrigava de dar et pagar ao \el et/ dito Goterre Afonso como seu fiador todoslos mrs. que a sua parte veese por conta que el devese das ditas alcavalas et de os pagar ata día de San Martiño primeiro que ven, so penna de çinqo mrs. etç. Obrigaçon forte et firme etç. Tests. Loys Gonçalves das Tendas et Meen de Seabra e Alvaro Afonso de Loys Gonçalves et (- - -)