GMH/ÍNDICE A-Z

456
1434outubro, 25
Xoán Domínguez, pescador, outórgase por pago de Pedro Gómez de Tarascón de 300 mrs. por unhas doas de prata. (fols. 135v-136)

       

Pero Gomes de Tarascon.

Et despois desto, día lues viinte et çinqo dias do mes de oytubro, Joan Domingues, pescador vesiño d’Ourense, se outorgou por pago de Pero Gomes de Tarascon de hunas doas de prata et de tresentos mrs. que lle por elas pagou, das quaes ditas doas e dos ditos CCC .- que lle (fol. 135v)

por elas pagou se deu por pago e das custas e gastos que eu o dito Joan Domingues fige en cobrar de vos as ditas doas et prinçipal e de todo me dou por pago e dou por nihuna a obrigaçon e sentença que sobre elo tinades e a vos e a vosos beens etç. Tests. Alvaro Gonçalves notario, Joan de Cusanqa alfayate, Martin Brabo.