A44
1381, febreiro, 14
Gómez Iáñez, escudeiro, afora a unha voz a Diego
González unha leira de terreo sita en Ribela, pertencente ao mosteiro de
Santa Comba de Naves, con condición de poñer viña en dous anos, por
terza de viño e composta. (fols. 32v-33)
Era de mill e quatroçentos e dez e (oyto)* /IX\ annos, quarta feira, XIIII dias andados de fevereiro. Sabeam quantos esta carta viren que eu Gomes Anes de (Curtes) escudeiro, dou e outorgo a foro a vos Diego Gonçalves e a vosa moller Maria Afonso e a huna vos e pus vosa morte qual nomear o pustromeiro de vos a tenpo de seu finamento, e non a nomeando que seia vos o que herdar os vosos bees de dereyto, huna leyra de tereo /+\ que he do lugar do Paço, que esta enna freguesia /de San Julian\ de Ribela, o qual lugar he do moesteiro de Santa Conba de Naves. Aforo vos a dita leyra por tal condiçon que vos o dito Diego Gonçalves que a façades de vyña em este(s) dous annos primeiros que ven)* e (da)* era desta carta e em este outro /primeiro\ que vem e que depoys que leve vyño que (...)des della terça do vyño e conposta que deus (...), a conposta enna vyña e o vyño enno lagar (...) et em ante da que non chantardes que me (...) terça de todalas cousas que y (...) fazendo em estes dous annos (...)da, o qual vyño e conposta coll(...) meu ome e (...) (fol. 32v)
e obrigo todos meus bees para vos o dito Diego Gonçalves seerdes anparado e defeso a dereyto con esto que vos aforo. Et eu o dito Diego Gonçalves que soo presente, por min e por a dita miña moller que non he presente, asy reçebo de vos o dito Gomes Anes a dita leyra que me aforades por a maneira e condiçon sobre dita, e para faser de vyña segundo dito he obrigo min e todos meus bees gaanados e por gaañar, e he posto que a parte que contra esto pasar que peyte a parte que o conprir CC mrs. de dños. brancos e a vos del rey outros, a penna pagada ou non esta carta fique firme e vala para senpre. Feita a carta en Santo Seveo. Tests. Gonçalvo Peres fillo de Gonçalvo Peres de Sam Çibraao e Alvaro Gonçalves fillo de
+ que jas enno prado a par dos l(e)yros a que chaman Tamaynyño d’Ouro asy como a eu avaladey dun cabo que vaa ser(...) de hun canto para outro ata a de Diagares ennas ca(...) das leyras, e como parte para a do dito a(...) emproo ata outro valado vello (...) Ougeea e Joan Fernandes e Pero Fernandes fillo (...) omens (...) (fol. 33)