GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1007
1426, xuño, 14. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi López e a dúas voces unha casa na rúa Nova por renda anual de quince marabedís e dezaseis marabedís a última voz.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 155 v.- 156 r.
       

Sabam todos como nos as persoas coengos, benefiçiados et homes boos do cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo seendo seendo (sic)  juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et de consintimento de Lopo Ferrnandes, coengo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Roy Lopes da Barba, demandador, morador en a rua Nova, et a outras duas persoas depoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear a persoa que vos nomeardes, huna casa que esta en a rua Nova da dita çiudade, que he dos ditos aniversarios, en a qual dita casa morou Pedro Cavaleyro, demandador, a qual esta junta con outra casa en que vos, o dito Roy Lopes, morades da huna parte, et da outra parte esta junta con outra casa que foi de Diego Ares de Burela, et de Tereija Ferreyra, sua muller; a qual dita casa he sub signo da Capela de San Pedro da çiudade de Lugo, et a qual dita casa vos aforamos con sua orta et poço et seydo et entradas et jures et dereyturas et pertenenças, a a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas persoas, que suçederen en o dito foro, tenades a dita casa feyta et cuberta et ben reparada de todo ho que lle feser mester; et dedes et paguedes de foro et penson en cada hun ano vos, o dito Roy Lopes, et a segunda persoa, que por vos for nomeada, en vosas vidas a o moordomo dos ditos aniversarios quinse moravedis de longos, de dez dineyros novees cada moravedi, cada ano por dia de Natal en paz et en salvo en a çiudade de Lugo, et a terçeyra persoa, que suçeder en o dito foro, que de et pague cada ano dez et seys moravedis de longos por lo dito dia, et con condiçon que as ditas persoas, que suçederen en o dito foro, cada huna delas seia tiuda et obligada de viir mostrar a o dito cabidoo como ficou et he persoa do dito foro do dia que en el quedar et suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no comprindo asi que por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da pustrimeyra persoa, que suçeder en o dito foro, que a dita casa fique feyta, cuberta, portada et ben reparada / a a dita iglesia de Lugo, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Roy Lopes, que presente estou por min et por las ditas persoas asi reçebo o dito foro da dita casa, et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas de o comprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneira que dita he.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese delo duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Roy Lopes, et vosas persoas et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmidue mendamos seellar a carta de vos, o dito Roy Lopes, con o seello do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, quatorse dias de junyo, ano do naçemento de noso senor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; Pedro Fernandes de Tendilla, thesoreyro; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Fernan Peres, Nuno Gomes, Johan Diaz, Afonso da Bayla, Afonso Rodrigues da Porta Minaa, coengos; Fernan Rodrigues, Fernan Eanes, Afonso Rodrigues, raçoeyros, ts.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro scripvi, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.