GMH/ÍNDICE A-Z

132
1318, maio, 18
venda

Martín Páez de Noalla véndelles a Domingo Páez, mercador de Ourense, e á súa muller, María Iáñez Alvela, dúas viñas en Noalla, foreiras de terza a Santa María a Madre, por 500 soldos de moeda portuguesa.



ACOu, Fábrica II, 652

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Martin Paez de Noalla marido de Dominga Anes que foy dese lugar, por min e por toda myña vos vendo e entrego logo por esta presente carta a vos Domingo Paes mercador d’Ourense e a Maria Anes dita Alvela vosa moller a toda vosa vos duas leyras de viñas que eu aio que jasen en termio de Noalla u chaman Bouça (...) a suu lameyro das Pegas, as quaes leyras jasen mesturadas con as vosas que conprastedes de Estevon Bravo de Seyxalvo e parten pela herdade da capella de Santa Maria a Madre da huna parte e da outra pela herdade de Fernan Peres raçoeyro d’Ourense, e fer a huna delas no carreyro que vay para o lameyro das Pegas. Et a outra leyra entesta na vosa leyra que foy do dito Estevon Bravo. Vendo a vos as ditas leyras con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças de foro de terça aa capela de Santa Maria a Madre e dizemo a deus e livres doutro enbargo, que vos e toda vosa voz aiades e pesuyades elas daqui endeante en jur de herdade para por senpre e livremente façades delas toda vosa voontade e o que vos aprouver. Ca outorgo que reçebi o preço de vos conpridamente en diñeiros contados en presença deste notario e das tests. su escritas que a min e a vos aprouvo, conven a saber quinentos soldos da moeda portuguesa de que contan quatro diñeiros por tres soldos. Et outorgo anparar e defender senpre vos e toda vosa voz con as ditas leyras a dereyto por min e por todos meus beens guanados e por guañar. Et quen quer da myna parte ou da estraya que contra esto for aia a yra de deus e a myna maldiçon e peyte a vos ou a vosa voz o preço dobrado e a voz del rey peyte por pena lª mor. de brancos e a carta fique firrme para senpre. Feyta a carta en Ourense, xviiiº dias de mayo, era de mill e ccclª e vi annos. Testemuyas que a esto foron presentes Johan Domingues dito Cabrita morador na crus dos Ferreyros, Estevon Martines morador en Seyxalvo, Johan Martines fillo de Martin Domingues que foy ome do chantres, Bertolameu Peres, Domingo Eanes omme de Domingo Fernandes notario.

Et eu Domingo Fernandes publico notario d’Ourense pola igleia dese lugar que a esto presente foy e o escrivi e meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)