GMH/ÍNDICE A-Z

204
1332, abril, 15
foro

Foro dun soar pertencente a unha capela a Pedro Iáñez, a perpetuidade, por 6 libras, con condición de edificar unha casa.

ACOu, Escrituras XIV, 14

(...) mya capella (...) outro enbargo nenhuun (...)des a pag(...) con suas entradas e seydas e con todas suas (...) vossa voz aiades e pessuayades el daqui endeante en jur de herdade para senpre et (...) del a min e ao capellan que tever a dita capella de foro cada anno em salvo por (...) Santa Ouffemea seys libras de brancos da moeda del rey dom Fernando contadas xl pares (de diñeiros) novees por tres libras. Et que façades no dito soar huna casa, et se vender ou (obligar) quiserdes o dito soar que o vendades ou obliguedes ante ao capellan que (tever a dita) capella ca outre porlo justo preço, et se o el non quiser reçeber conprado nen obligado que enton o vendades ou obliguedes a atal pessona que seia semilavil de vos e que pague en (ca)da anno o dito foro ao capellan que tever a dita capella. Et eu obligo a vos todos (os) beens da dita capella para anparar vos e a dita vossa moller e toda vossa voz senpre (...) con o dito soar. Et eu Pero Eanes sobredito, por min e porla dita mya moller e por nossa voz para pagar o dito foro e conprir esto que sobredito he obligo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Feyta a carta en Ourense, quinse (dias) de abril, era de mill e trezentos e seteenta annos. Tests. Gonçalvo Peres da Triindade coengo de Lugo, Johan Bocacho d’Allariz, Fernan Peres e Gonçalvo Martines raçoeyros da igleia d’Ourense, Alvaro Domingues porteyro do dito señor obispo, Alvaro Affonso seu yscudeyro, Fernando Parys meestre da obra et Gonçalvo Eanes Marra morador aa porta da Triindade.

Et eu Domingo Eanes notario jurado d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foy e en mia presença fis ende escripvir duas cartas partidas por .a.b.c. e meu signal y puge en testimuyo de verdade.

(sinal)