GMH/ÍNDICE A-Z

388
1373, setembro, 7 (Traslado feito o 29 de xaneiro de 1389)
doazón

Lopo Rodríguez de Sabadalle dóalle ao cabido todos os seus bens para un aniversario en vida e tres despois da súa morte, e que lle fagan honra "commo se fas a coengo". O cabido concédelle en vida unha prebenda de coenxía.

ACOu, Escrituras XVIII, 57

Sabean quantos esta carta viren que eu Lopo Rodrigues de Sabadelle escudeiro morador en terra de Aguyar do bispado d’Ourense, çertificado de todo meu dereito, non costrengudo nen deçebudo nen por alguun mao enganno endusido, mays de meu praser et de miña propia et livre voontade, consiirando os moytos sacrefiçios et beens que se fasen de cada dia en esta egleia d’Ourense por las almas dos fiees de deus et de aqueles que dotaron a dita egleia et lle dos seus beens et cousas por suas almas leixaron et mandaron, et eu cobiiçando moyto de aver a miña parte e quiñon das minsas e benefiçios et beens que se de cada dia çelebran et disen enna dita egleia et eu en elles seer partiçipador et quinoeyro et a miña alma aver ben a gloria enno outro mundo despoys que eu morrer, et por quanto eu non ajo fillo nen filla legitemos nen outro alguun que de dereito posa et deva herdar todos los meus beens nen a mayor parte deles salvo se llos eu mandar, por ende por esta presente carta et de miña boa livre e propia voontade sigundo dito he, dou e leixo et faço pura doaçon ao dean et cabidoo da dita egleia d’Ourense que ora he ou for daqui endeante e aos homes boons do dito cabidoo para todo senpre sigundo que mellor et mays conpridamente pura doaçon pode seer feita et sen outra condiçon alguna por rason da miña morte et por las almas dos meus devedores et daqueles a que soon tiudo e por la miña alma quando deste mundo sayr. Conven a saber ho meu casar de Sende que jas enna fregesia de Seabal, que foy de Johan Lopes et de Esteveyña Martines sua muller, moradores que foron en Ourense. Iten o meu casar de Rioseco, que jas enna dita freguesia, que eu merquey de miña yrmaa Costança Rodrigues que foy. Iten huun casar que jas en Calvelle con a herdade da Pousa que jas na dita fregesia de San Miguell de Calvelle, que foy de meu padre et de miña madre et de miña yrmaa Costança Rodrigues que lle eu merquey. Iten o lugar de Vilarchaao et as outras cousas que eu ajo na dita fregesia de Calvelle. Iten o lugar de Nugeyroa con outro foro que eu conprey que jas na freguesia de San Miguell do Canpo. Iten ho meu casar de Feramontaos que jas na freguesia de Feramontaaos. Iten ho meu casar da Lamagrande que jas na freguesia de Santa Maria de Melees. Iten toda a herdade e lugar et viñas et arvores et froyta que eu ajo en Belle et que eu merquey de Viçente Suares notario que foy d’Ourense. Iten os foros das viñas que jasen en Sabadelle que parto con Junqueira d’Espadanedo. Iten todalas outras viñas que eu y teño que son de disemo a deus. Iten ho meu lugar et pousa que eu y teño. Iten o meu souto de Rio Ponido. Iten a casa grande et adega con seu tendal et seydo e cortyna et a meatade da casa do lagar de Sabadelle con huun lagar e quarta doutro que esta contra o fuso et con os outros quinoens e casas de Sabadelle que eu y teño e ajo. Iten mays todas las miñas voontades quaes quer que eu ora ajo e gaañar daqui endeante. Iten mays estas dereyturas et foros que se adeante seguen. Iten logo çinqo libras de diñeiros brancos no lugar de Alvelynas. Iten des e oyto moravedis no lugar de Juvande que ten o juis. Iten quinse moravedis que han a pagar os foreiros de Legoços. Iten tres libras et medea en Vilaenfesta. Iten seys moravedis de brancos de foros de casas que estan enna vila de Sabadelle. Iten en Lamagrande seys libras e medea et huna quarta de viño. Iten seys moravedis en Feramontaos. Iten huna loytosa en cada casar. Iten do lugar de Calvelle huun porqo e huun carneiro. Iten de Rioseco huna porcalla con pan et con viño. Iten mays des e oyto libras de foros que eu ajo no lugar do Pereiro que he na freguesia de Prexegeyroo. Iten duas libras et medea e huun carneiro no casar de Nugueira. Iten as apresentaçoons que eu ajo ennas egleias de Looña do Monte et de San Miguell do Canpo et de Vilar de Merii et de Golpellooens et de Paaços de San Cloyo et de Toeran et en Prado de Ribademiño et en Sanin et en Ourantes et en Sanamondi et en Froyaans et enno Lago. Et que o dito cabidoo non leve delas mays que aquelo que eu delas levey. Iten mays todos los outros meus beens moveles e rayses que eu agora ajo et ouver ao tenpo de meu fignamento et ao tenpo de miña infirmydade ou dolor et en miña vida, tanben por rason de meu patrimonio commo por outra qual quer rason que seia, tanben en este regno de Galisa commo fora do dito regno, salvo ha herdade que eu ja teño mandada a Santa Maria de Junqueira d’Espadanedo, et per esta presente carta de meu praser et de miña propia voontade tollo et removo logo de min e de todos meus herees et de toda miña vos para senpre hu quer que vaan todo ho señorio e propiedade, vos et auçon e demanda, jur e posison que eu en todos los ditos beens e herdades et en cada huun deles ouve e ey de dereito et devo aver en qual quer maneira et por qual quer rason, et pasoo et poñoo todo per esta presente carta para senpre de meu praser et de miña propia voontade en vos o dito cabidoo da dita egleia d’Ourense. Pero que eu aja et pesuya en toda miña vida et teña a posison deles para meu manteemento et de miña honrra, et outorgo et confeso que os teño e pesuyo por vos et en voso nomme, pretaria et costio me por voso pesuydor, et que entre tanto eu non nos posa aforar nen arrendar nen subpeñorar nen obligar nen deytar nen enallear nen dar nen dotar nen mandar a moesteiros nen a igleias nen a lugares et pesoas privadas nen a outras quaes quer nen a outros lugares nen posa delles nen de parte deles en outra maneira dispoer nen ordenar nen testar nen esmonlar nen os posa despender aalende de meu manteemento conpetente elles nen cada huun deles sen liçençia et outoridade de vos o cabidoo sobre dito, et que aa miña morte que todo esto sobre dito que vos fique livre et quite et desenbargado con esta condiçon, que vos o dito dean e cabidoo que me façades logo cada anno enna miña vida hun aniversario et tres aniversarios depois de miña morte por la miña alma et de todos meus parentes e devedores e dos fiees de deus et de aqueles a que eu soon tiudo, et que quando eu morrer que me façades moyta honrra et me ponades no coro et que me façades toda et tanta honrra commo se fas a coengo da dita egleia quando acaesçe que se fignan, et sobre esto todo quero e outorgo et renunçio expresamente çertificado do meu dereito que nunca contra esto diga nen vaa contra elo por min nen por outre en juiso nen fora de juiso, et outrosi renunçio aa ley que dis que nehuun home livre non posa faser doaçon de quanto ha, por que çertificado de meu dereito eu de meu praser e de miña propia voontade o leixo, dou e outorgo todo a vos o dito dean e cabidoo da dita egleia d’Ourense para a mesa do cabidoo sigundo dito he por la miña alma et dos meus parentes et devedores et dos fiees de deus e daqueles a que soon tiudo, et sobre todo esto renunçio expresamente que nunca contra esto vaan et a todo dereito escripto e non escripto et a toda ley moniçepal et a todo estatuto que contra esta dita doaçon posa seer, que me non ajude delo eu nen miña vos nen meus herdeiros, et se nos deles ou de cada huun deles quisermos ajudar quero et outorgo que nos non valla nen seiamos sobrelo oydos en juiso nen fora de juiso en qual quer lugar que esta dita carta paresçer. Outrosi renuncio expresamente que nunca revoque esta dita doaçon que asi faço de meu praser et de miña livre e propia voontade aynda que vos ou cada hun de vos do dito cabidoo seiades contra min ingratos ou me façades alguna de aquelas cousas per que se doaçon posa e deva revocar feita ontre vivos. Eu por rason de morte et para esto todo aynda asi mellor conprir et agardar segundo dito he et non viir contra ela en ninhuun tenpo nen en alguna maneira por min nen per outre faço juramento corporalmente aos santos avangeos con miñas maaos tanjudas que o cunpra et agarde todo asi segundo dito he et se en esta carta conten, et que non vaa contra elo nen parte delo en ninhuun tenpo nen en alguna maneira, et se contra elo veer quero et outorgo que me non valla nen seia sobrelo oydo et que fique fe perjuro et demays que dé e peyte a vos o dito cabidoo cada ves que contra esto que dito he veer ou quiser viir en alguna maneira viinte mill moravedis de diñeiros brancos desta boa moeda husavil por nomme de pena, e a dita pena pagada ou non pagada esta dita carta e o conteudo en ela fique firme e valla para senpre. Et nos o dito dean et homes boons do dito cabidoo que somos a mayor parte de nos todos presentes na costra nova de San Martiño per canpaan tanjuda sigundo que he de uso et de costume, seendo juntados para esto por esta graça et doaçon e ajuda et esmonla que nos vos o dito Lopo Rodrigues escudeiro asi façedes de voso praser et de vosa livre voontade, çertificados nos e cada huun de nos sobre esto de todo noso dereito, para vos faser ajuda et manteemento damos et outorgamos a vos o dito Lopo Rodrigues escudeiro que ajades et tenades cada anno porlos beens da nosa mesa en toda vosa vida et mays non huna prebenda enteyra de coensia de todas cousas sen desconto, tanben de pan et de viño et de pitanças commo de diñeiros et de quaes quer outras cousas sigundo que averia qual quer de nos os coengos da dita egleia se residente e presente fose na dita egleia, et prometemos e outorgamos aa boa fe seendo ben çertos et çertificados de todo noso dereito que nunca contra esto que vos asi damos et outorgamos vaamos por nos nen per outre nen digamos delo ho contrario en juiso nen fora de juiso, et se delo ho contrario fesermos ou disermos en alguna maneira, que nos non valla nen sejamos sobrelo oydos nos nen cada huun de nos en juiso nen fora de juiso nen en qual quer outro lugar que esta carta paresçer, et por que esto seia çerto e non veña en dulta nos as ditas partes rogamos e mandamos a Garçia Dias coengo et chançeller da dita egleia que fesese ende esta dita carta a mays forte e firme que podese seer sobre esta rason. Feita e outorgada en Ourense na costra sobre dita, sete dias de setenbro, era de mill e quatroçentos e quinse annos. Testemunyas que a esto presentes foron Domingo Afonso da rua dos Çapateiros, Pero Paes e Pero Anes de Penavegia, Bertolameu Peres, Gonçalvo Peres, Afonso Fernandes et Martin Peres raçoeiros da dita egleia d’Ourense e Gonçalvo Martines porteiro do dito cabidoo e Alvaro Seixino et Gonçalvo Sorveyra moradores en Ourense e outros.

Et eu Garçia Dias coengo e chançeller da egleia d’Ourense que a esto con as ditas testemunyas presente foy et en miña presença ho fis escripvyr et meu nomme e signal aqui fis en testemonyo de verdade que tal he.

Este he o trasllado de huna carta feyta por Garçia Dias coengo e chançeller da igleia d’Ourense, a qual era escripta en papel, feyta e signada do signal do dito Garçia Dias segundo porla dita carta pareçia e se en ela contiiña, a qual carta eu Affonso Anes notario publico d’Ourense por lo bispo e por la igleia desse lugar vy e lii et de vervo a vervo ben e fielmente aqui fige trasladar en miña presença a pedimento de Gomes Peres Guerra coengo e de Estevoon Peres raçoeyro enna igleia d’Ourense, procuradores do cabidoo da dita igleia, et por mandado e outoridade de don Fernan Peres abbade da igleia da Triindade, vigario geeral do onrrado padre e señor don Pascoal porla graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, por quanto os ditos procuradores disian que se temyan que a dita carta se poderia perder por fogo ou por agua ou por outro caso de ventura fortuyto alguun et por que era escripta en papel et por ende podia perer o dereito do dito cabidoo, a qual carta non era rassa nen cançellada nen en alguna parte de sy suspeyta, et aa qual o dito abbade e vigario disso que dava e deu sua outoridade ao trasllado e trasllados que eu della desse signado ou signados de meu signal ao dito cabidoo et entreposo a el e a elles seu degredo et mandou que valuesen e fesesen fe cada hu pareçesen assy commo o origynal meensmo da dita carta pareçendo, o qual trasllado da dita carta foy feyto en Ourense, viinte e nove dias do mes de janeyro, anno do naçemento de nosso señor Jhesu Cristo de myll e tresentos e oyteenta e nove annos. Testemunyas que viron a dita carta orygynal et esteveron presentes aa dita outoridade Gonçalvo Martines e Ares Lourenço coengos da dita igleia d’Ourense, Fernan Fernandes notario d’Ourense, Garçia Dias escodeyro e procurador de don Pero Gonçalves dean d’Ourense, Gomes ome do dito abbade e vigario, Pero Anes françes morador en Ourense na rua das Chousas, et aqui meu nomme e meu signal fige en testemunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta de donaçon de Lopo Rodrigues de Sabadelle.

Materias

testamento; abade; adega; alimentos; aniversario; árbore; arquivo; auto xudicial; beneficio; bispado; branca; cabido; campá; canon foral; carneiro; casas; catedral; chanceler; cisterciense; claustro; cóengo; comida; concello; coro; cortiña; deán; décimos; diñeiros; doazón; doente; escritura; esmola; esposa; esposo; estranxeiro; evanxeos; familia; fidalgo; froita; fundación; gando; herdanza; incendio; irmá; irmán; lagar; libra; liturxia; lutuosa; mandamento; marabedí; mesa capitular; misa; mosteiro; muller; nai; notario; notario capitular; orde do Císter; padroádego; pai; pan; papel; pedimento; pena; porca; porco; porteiro; pousa; prebenda; presentación; procurador; provisor; racioneiro; residencia; río; rúa; souto; traslado; tributos; venda; vigairo; viña; viño; xuíz; xuramento; zapateiro; escudeiro

Persoas

Afonso Eáns, notario; Afonso Fernández, racioneiro de Ourense; Álvaro Seixiño; Ares Lourenzo, cóengo de Ourense; Bartolomeu Pérez, racioneiro de Ourense; Constanza Rodríguez; Domingos Afonso da rúa dos Zapateiros; Esteveíña Martínez; Estevo Pérez, racioneiro de Ourense; Fernando Fernández, notario; Fernando Pérez, abade da Trindade de Ourense; García Díaz, cóengo de Ourense; García Díaz, escudeiro; Gómez Pérez, dito Guerra, cóengo de Ourense; Gómez, home de Fernando Pérez; Gonzalo Martínez, cóengo de Ourense; Gonzalo Martínez, porteiro do cabido de Ourense; Gonzalo Pérez, racioneiro de Ourense; Gonzalo Solbeira; Martiño Pérez, dito Montes,racioneiro de Ourense; Pascual García, bispo de Ourense; Pedro Eáns de Penavixía, racioneiro de Ourense; Pedro Eáns, francés; Pedro González de Orozco, deán de Ourense; Pedro Páez, racioneiro de Ourense; Vicente Suárez, notario; Xoán López; Lopo Rodríguez de Sabadelle, escudeiro

Outros

Galicia, reino; Ourense, bispado; Ourense, cabido; Santa María de Xunqueira de Espadañedo, mosteiro; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Terra de Aguiar

Lugares

Alvelynas; Calvelle, San Miguel; Campo, O, San Miguel; Faramontaos; Freás, Santa María; Galicia; Lago, O, San Martiño; Lagocios; Lamagrande; Loña do Monte, igrexa; Melias, Santa María; Nigueiroá; Ourantes, San Xoán; Ourense; Pazos de San Clodio, San Clodio; Pereiro, O; Pousa; Prado de Miño, Santa María; Prexigeiró, San Salvador; Riba de Miño, comarca; Río Ponido; Rioseco; Sabadelle; Salamonde, Santa María; Sanín, San Pedro; Sende; Siabal, San Lourenzo; Torán, Santa María; Velle; Vilaenfesta; Vilar de Merí; Vilarchao; Xubande; Xunqueira de Espadanedo, Santa María. Antigo moste