GMH/ÍNDICE A-Z

1010
1427, marzo, 15. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a María Fernández e a dúas voces o lugar e casal de Teinande na freguesía de San Pedro de Santa Comba, por renda anual de doce marabedís o primeiro beneficiario e vinte marabedís as voces.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 152 v.
   

Saban quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo, seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, de consintimento et outorgamento de Fernando Peres, coengo de Lugo et amistrador do mes d’outubre con a Capela de San Pedro sita en a çiudade de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Maria Ferrnandes de Quinte, serventa de Pedro Lopes, coengo de Lugo, que estades presente, et a outras duas persoas depoys de vos, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, o noso casal et lugar de Teynande, que he noso et da dita amistraçon, o qual dito lugar et casal vos aforamos para vos et para as ditas persoas con todas suas erdades et casas et arvores et formaes et caneyros et pesqueyras et montes et prados et pascos et entradas et saydas, segundo perteesçen a o dito casal et lugar de Teynande, o qual he sub signo de San Pedro de Santa Conba, a tal pleyto et condiçon que vos façades et ergades as casas do dito lugar que iasen en terra et saquedes as erdades del que se foren de canpo, et onde tiraren os outros, que seia sen maliçia; et dedes de foro et penson cada ano vos, a dita Maria Ferrnandes, en vosa vida a o dito Fernando Peres, coengo, ou aquel que for amistrador da dita amistraçon, dose moravedis de des dineyros novees cada moravedi, et as outras duas persoas, que suçederen en o dito foro, que den et paguen de cada ano vinte moravedis da dita moneda, et que os paguedes vos et elas en pas et en salvo en a çiudade de Lugo cada ano por dia de San Martino de novembro; et outrosi con condiçon que a pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de se vir mostrar et reçeber do dito cabidoo do dia que en el quedar et suçeder por persoa ata trinta dias primeyros seguentes su pena que non no fasendo asy perga o dito foro; et a fynamento da pustrimeyra persoa, que suçeder en o dito foro, que as ditas herdades do dito lugar fiquen labradas et ben labradas et en boo paramento, et as casas feytas et cubertas et portadas et ben reparadas a dita iglesia de Lugo, cuias son, con todos los outros boos paramentos que en elo foren feytos.

Et eu, a dita Maria Ferrnandes, que presente estou asy reçebo o dito foro do dito lugar et casal de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas de o comprirmos, pagarmos et atendermos en todo segundo et en a maneyra que en esta carta se conten. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fezese desto duas cartas de foro feytas en hun tenor huna para vos, a dita Maria Ferrnandes, et vosas persoas et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo et as signase de seu signal, et por mayor firmidue mandamos seelar a carta de vos, a dita Maria Fernandes, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en o cora da dita iglesia de Lugo, quinse dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et vinte et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; don Lopo Diaz, mestrescola; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Fernan Peres, Juan Dias, Nuno Gonçalves, Afonso da Bayla, Afonso Rodrigues da Porta Minaa, coengos; Fernando Fernandes, Fernando Rodrigues, Fernando Eanes, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario da çiudade de Lugo, esta carta de foro fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).