GMH/ÍNDICE A-Z

253
1341, xullo, 10
reversión

O cabido recibe unhas casas na rúa das Tendas, nas que moran os mercadores Pedro Iáñez e Lourenzo de Veiga, por falta de voz.

ACOu, Escrituras XIV, 48

(...)a e nove annos, dez dias de jullio. Connuçuda cousa seia a todos que en presença de min Gonçalvo Eanes notario publico (...) das tests. adeante escriptas, dom Pero Suarez deam da igleia d’Ourense e Johan Gonçalvez coengo desse lugar (...) das Tendas ante as casas en que mora Pero Eanes e Lourenço de Veiga mercadores, o dito dom Pero Suarez dean disso que as (...) en que moravan os ditos Pero Eanes e Lourenço de Veiga que eran do cabidoo et que Domingo Peres dito Iograr que foy que as tevera (...) vida e por huna voz apus seu finamento qual el nomeasse en sua vida et que o dito Domingo Peres ante de seu fina(mento ...) aforamento das ditas casas o dito cabidoo et disso que el en nome (...) as ditas casas con todas (...) dito Johan Gonçalves coengo que pechasse as ditas casas e as tendas e as reçebesse (...) et Pero Eanes e Lourenço de Veiga que estavan presentes disseron que o dito Domingo Peres que foy que lles devya huna qontia de diñeiros et que outorgara que se el morresse ante (...(sen entregos daquello que eles mostrassen que lles el devya que fossen entregos pelas ditas casas por aquela voz que el delas avya de (...) et aquela voz que el fezesse de pus sua morte ante que entrasse a posisson das ditas casas que ante lles entregasse aquelo que (...) sigundo que dizian que se todo esto mays conpridamente contiiña en huna carta feyta por Domingo Eanes notario d’Ourense que (...) e fezeron leer por min dito notario ante o dito dom Pero Suarez dean e Johan Gonçalves coengo. Et frontaronlles que ante que elles ou outro (...) ditas casas que ante lles dessen e pagassen aquelo que eles mostrassen por conta que lles o dito Domingo Peres devya sigundo que se na dita carta (...) prestes eran para lles mostrar a conta do que lles o dito Domingo Peres devya se a eles quisessen veer. Et se elles en outra maneira querian (...) que elles fossen pagados que o poyñan por agravamento e que non consintian en reçebemento ninhuun que elles das ditas casas (...) entregos e pagados do que lles o dito Domingo Peres devya e era obligado pelas ditas casas e que o contradizian. Et (...) en nomme do dito cabidoo que reçebia as ditas casas sigundo dito avya. Et quanto da dita carta que lle os ditos (...) e da fronta que lle fazian que pedia o traslado para o mostrar ao cabidoo e que lles daria a ello resposta. Et logo (...)ou as portas do sobrado das ditas casas e das tendas e fechoas e disso que en nomme do dito dean e cabidoo que reçebia (...) a posisson delas para o cabidoo. Et deu logo as chaves da tenda que ten o dito Pero Eanes e Lourenço Eanes dito Lasso ao dito (...) que as tevesse de parte do cabidoo e as desse ao cabidoo ou a quen lle o dito cabidoo mandasse. Et outrosy entregou as chaves da (...) o dito Lourenço de Veiga e Johan Eanes ao dito Johan Eanes que as desse ao cabidoo ou a quen lles o dito cabidoo mandasse. Et os (...) Lasso e Johan Eanes disseron que assy reçebian as ditas chaves e que as darian ao dito cabidoo ou a quen o dito cabidoo mandasse (...) Lourenço de Veiga disseron que non consintian enno dito reçebemento et que protestavan para demandar e aver pelas ditas casas (... Domi)ngo Peres devya e era tiudo por ellas e a pena que enna dita carta era contiuda. Et outrossy que protestavan das custas, perdas (...) elles ou cada huun delles por esta razon fezessem e reçebessem para as demandar por hu seu dereito fosse. Et (...) dean disso que o dito cabidoo que lles faria conprimento de dereito sobre qual quer cousa quelles fossen tiudos. Et desto (...) o dito dom Pero Suarez deam em nomme do cabidoo e os ditos Pero Eanes e Lourenço Eanes por sy pediron a min notario (...)dimentos con meu nomme e con meu sinal. Esto foy en Ourense na dita rua das Tendas enno dia e era sobreditos (... pre)sentes foron Gonçalvo Martines dito Rella moordomo do cabidoo, Garçia Alvarez, Pero Lourenço, Pero Moogo clerigos do coro (...) Lourenço Fernandes alfayate moradores em Ourense.

Et logo en este dia e era sobre ditos en presença de min Gonçalvo Eanes (...) das tests. adeante escritas, estando aa porta da igleia de Santa Maria Madalena ante as portas das casas en que mora (...) que foy, o dito Johan Gonçalves coengo disso que en nomme do dean e cabidoo d’Ourense e para elles que reçebia as (... po)sisson dellas para o dito cabidoo et entregou as chaves das ditas casas a Dominga Peres moller de Martin Affonso que as tevesse polo cabidoo et que as desse ao cabidoo ou a quen lle o cabidoo mandasse. Tests. o dito Gonçalvo (...) Pero Moogo clerigo e Estevo Caldelas.

Et eu Gonçalvo Eanes notario sobre dito que a esto que sobredito (...) foy e en miña presença o fige escripvyr e meu nome e meu signal (...) que tal he.

(sinal)

[reverso] (...) que o dean reçebo as casas das Tendas do cabidoo (...)

(...) que foron de Domingo Iograr.