E2-40
1435, agosto, 12
Debendo ausentarse proximamente da cidade, o
notario Afonso de Betanzos, en virtude do contrato que entre el e Nuno
González do Freixo asinaran co Concello, relativo á construción das
instalacións da audiencia, solicita que se requira ao seu socio para
remataren a dita obra no prazo dunha semana. (fol. 20-20v)
Anno domini Mº CCCC XXXVº annos, a XII dias do mes de agosto, en Ourense, enna Praça do Canpo, audiençia das vesperas, sendo y presentes enna dita audiençia Pero Fernandes e Afonso Anriques juises da dita çibdade, enna dita audiençia outrosy estando y presente ante elles Afonso de Betanços notario vesiño da dita çibdade, logo o dito Afonso de Betanços notario diso que requería aos ditos juises que por rason que se elles obrigaran e feseran contrauto (ontre)* ao dito conçello ontre el et Nuno Gonçalves de Freixo notario que apostasen o tendal da dita audiençia et o cobrisen e apostasen segundo que estava por min o dito notario, et por quanto el era acusado dos ditos juises et rejedores e do procurador do dito conçello que apostasen o dito tendal e audiençia et outrosy por que el entendía de yr a outras partes e non podía aqui estar, por ende que el que estava logo prestes da sua parte de apostar o dito tendal e audiençia e que apremeasen ao dito Nuno Gonçalves seu conpaneiro que o apostase con el, en tal maneira que el da sua parte que era prestes de a apostar en toda (a somana)* a somana primeira que ven (et lo)*, senon que dende endeante que protestava de non caer en penna alguna. Et logo os ditos juises diseron que visto o dito pedimento et o dito contrauto que sobre elo tinan feito, por ende diseron que mandavan en persona do dito Afonso de Betanços notario et en ausençia do dito Nuno Gonçalves (ause)*, avendo sua ausençia por presençia, que en toda a somana primeira que ven (fasa)* desen feita et apostada e acabada a dita audiençia e tendal et segundo que estavan obrigados et en tal maneira que doje a nove dias primeiros sigentes a desen feita (fol. 20)
et acabada de todo ponto, et que todo o asy mandavan por sua sentença. E o dito Afonso de Betanços diso que consentía en ela. Tests. que foron presentes Affonso de Meende notario, Domingo Fernandes, Gomes de Chantada, Afonso Garçia pedreiro.