266 
    
 
    maio, 28 
    
 
    Mestre Fernando protesta ante o Concello por poñerlle pedidos sendo el fidalgo e tendo subscrita unha avinza. (fol. 86)     
    
 
    	Mestre Fernando. 
    
 
    Sesta feira, viinte e oyto dias de mayo, mestre Fernando tomou testemunyo contra Afonso Anriques procurador da çidade d’Ourense e contra os postores e contra a conçello, disendo que por rason que diso que era fidalgo e lle poseran pedidos et dos quaes diso que os non devía pagar por rason da dita fidalguia e outrosy por quanto lle o dito conçello tiña feita aviinça, por ende que protestava de non pagar os ditos pedidos etç. e que o dito conçello fose obrigado a todo elo etç. e o dito procurador diso que o desen con sua resposta. Tests. Gonçalvo Goterres escudeiro et Domingo Fernandes e Afonso. (    fol. 86)