GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Os documentos do Tombo de Toxos Outos

185
1271/10/15.

Maior Páez “Bicona” e a súa sobriña Mariña Eáns véndenlle ó mosteiro de Toxos Outos a herdade que teñen na freguesía de Sta. Uxía de Ézaro, na voz de Alvito Vergallo, por trinta soldos afonsíns.

B.- Tombo, f. 67r.

Carta de Maiore Pelaiz dicta Bicona de hereditate in filigresia Sancte Eugenie de Esar.

In Dei nomine, amen. Nos Maior Paayci dicta Bicona, filla que fuy de Paay Garauito, et sobrina mina Marina Eanes, neta d’Aluito Uergallo et fila de Maria Martiniz, presente et outorgante, por nos et por toda nossa uoz de bon corazon et de boa uoontade vendemos et firmemente outorgamus a uos Martin Paayz, clerigo de Beua, comparante en persoa de don Sancho Eanes, abade de San Iusto de Togos Outos, comparante para esse moesteyro, quanta herdade nos auemos in fliigrigia de Sancta Ougea d’Esar en uoz d’Aluito Uergallo. Uendemus a uos essa por solidos XXX d’alfonsiis brancos dos quaes nos confesamus seer pagadas et prometemus que sempre uola fazamos de paz por nos et por todas nosas boas, assi des oge este dia aiades ella et fazades dela uossa uconta de uos et quen ueer en uoz desse moesteyro. Se algun ome de nossa parte ou da estraya contra esta nossa uindizon a rumper ueer ou uos quiser enbargar peyte a esse deuandito moesteyro esta herdade doblada; et a karta este en sa rouor et vala.

Feyta a karta da uindizon in era Ma CCCa VIIIIa et quotum idus outubre.

Ts.: Martin Franco, clerigo de Sancta Ougea de Maracicos. Froya Paayz, clerigo de Beua. Pedro Eanes d’Atan. Domingo Eanes de Sancta Ougea, morador d’Atan. Pedro Balon de Calo.

Eu Afonso Paaiz, notario publico ena Pobla d’Intiis, fuy presente et por rogo das partes fiz esta carta et poni meu sinal en testemoyo de uerdade. (Signum).