GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

773
1377, setembro, 5 e 6. Castelo de Asma
O bispo de Lugo e don Vasco Gómez de Seixas poñen en mans de dous homes bos a controversia existente sobre a recadación de tributos nos coutos da igrexa de Lugo. Os xuíces árbitros mandan que Vasco Gómez non se apropie dos dereitos de talas e pastos pertencentes ao bispado nos coutos deste na Terra Chá e no termo de Chantada, e establecen, ademais, que Vasco Gómez non poida administrar xustiza nos devanditos coutos.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 19r.

Sabeam todos commo en presença de min Iohan Aras, notario publico da çibdade de Lugo et dos coutos da iglesia desse lugar, et das testemoyas subscriptas, o onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por sy et en nome de sua iglesia, de huna parte, et Vaasco Gomes das Seixas por sy et por seus herdeyros et subsçessores, da outra, por partir escandalo et danno et ocasion que entreles podia requeçer sobre contendas que entreles avia et asperava d’aver et por amor de boa pas et concordia, et por se quitar de danno et de custas et de traballo de suas livres voontades comprometeron en maos et en poder de Lourenço Eanes de Lamas, avogado, morador enna çibdade de Lugo, et en Roy Vasques, alcallde mayor do conde don Pedro, assy commo en arbitros et arbitradores amigavelles, compoedores et commnunaes amigos sobre todos los pleytos et questoes et causas et controverssia, que entreles avia et asperava de aver, sobre los tallos et pascos que o dito Vaasco Gomes desia que avia de fazer nos coutos da dita iglesia seendo minguada por los ofiçiaes do dito sennor obispo, et sobre razon das monedas et serviços de nosso sennor el rey que o dito Vaasco Gomes demandava a os lavradores et caseyros da dita iglesia de Lugo, et sobre todos los outros pleitos et lides et controversias, que entreles era et asperava de seer, sobre quaesquer cousas, et feseron-nos ende seus omes boos arbitros et arbitradores compromissarios et amigavilles compoedores et communaes amigos querentes et reçebentes o dito Pedro de Rio enssy, et deronlles et outorgaronlles livre et comprido poder que sinprezmente et de chao, somariamente sen strepitu et figura de juyzo as ditas partes presentes, ou alguna delas ausente, elas çitadas, ou non çítadas, asi en dia feriado commo non feriado, a forma deste compromisso guardada ou non guardada, tollendo et cadendo en el orden et solempnidade do dereito guardada, ou non guardada, ou de todo en todo leyxada, possan oyr et examinar et terminar et defiiçer et sentençiar arbitrando, laudando, ordenando, trasabçon fazendo, compoendo et mandando sobre las cousas sobreditas et cada huna delas as ditas contendas et lides et questoes et todas las outras cousas contingentes et dependentes delas. Et que esto que o possan faser seendo ou estando de noyte ou de dia en qualquer ora et lugar et que posan arbitrar et defiiçer sobre las ditas cousas et cada huna delas et sobre todas las outras contingentes et dependentes delas huna vez et duas et mays, et reformar et correger et interpretar a sua sentença de fiimento laudo et arbitro et composiçon, ou sentenças de fiimentos, laudos, arbitros et composiçoes, et que possan pugnir contumaçia et çitar as partes para qualquer lugar quiseren et pronunçiar ennas ditas cousas en escripto, ou sen escripto, et prometeron de açeptar, reçeber, pacificar, emologar et firme para senpre aver todo arbitrio, laudo, composiçon et ordenacçon et defiiçon et arbitrios et laudos et composiçoes et todas las outras cousas que os ditos omes boos tevesen et ordenassen sobre todo o que dito he et sobre parte delo, et todas aquelas cousas que por los ditos omes boos foren feytas et ditas et ordenadas et arbitradas et compostas assy segundo a forma deste compromisso commo en outra maneyra qualquer sobre las ditas cousas et cada huna delas prometeron destar a elas a todo tempo, et as ratificar et aver por firmes a todo tempo. Et non se podendo os ditos omes boos aviir en hun mando, ou laudo, ou sentença, ou aviimento nomearon et escolleron et reçeberon por seu terçeyro a Vaasco Peres de Vaamonde, comendador de Castro Tarafe, que visse et examinasse os ditos mandos, que os ditos omes boos dessen, sesse non aveesen, et con qual dos mandos tevesse que aquel fosse firme et valioso, et que aquel tevessen et gardassen et comprissen en todo, et prometeron d’estar et obediisçer et comprir o arbitrio et laudo et composiçon que os ditos omes boos dessen en hun acordo, ou se descordassen de teer et gardar et comprir aquel arbitrio, ou laudo, ou composiçon con que o dito terçeyro tevesse, et que non veessen contra el en todo, nen en parte, de dereito ou de feito, por palavra ou por obra, por sy ou por outra pessoa, et que non enpetrassen rescripto contra o dito compromisso, et que non albergassen privilegio nen posessen exçepçon nen usassen de benefiçio de alguna lee, nen de canone, nen de constituyçon, nen de costume, porque viçiasen, ou podessen viçiar, o dito compromisso asy por rason das pesoas dos ditos arbitros, commo por rason das pesoas dos ditos comprometentes, commo por razon das cousas sobre que he comprometido, et prometeron de non apellar nen suplicar da setença, pronunçiaçon, ou arbitrio, ou ordenaçon, que os ditos omes boos en hun acordo entreles dessen, ou aquel del con que o dito terçeyro tevesse, nen aver recursso a arbitrio de von varon, nen chamassen, nen enprasassen os ditos omes boos et terçeyro por razon do mando, ou laudo, ou arbitrio que deren para ante alguna iustiçia ecclesiastica ou seglar, nelles demandar custas nen interee, nen pedir nen procurar revocaçon do que os ditos omes boos ou o dito terçeyro con cada hun delles mandassen, et renunçiaron a todas las raçoes et dereytos et lees canonicos et çiviis et a todos los privillegios et esçepçoes seendo delles çertificados porque podessen contraviir, ou anellar, ou viçiar este dito compromisso et todas las cousas sobreditas et cada huna delas en el cotiudas, et para todas estas cousas sobreditas et cada huna delas compriren et gardaren et non viiren contra elas de dereito ou de feito, por sy ou por outro, directe ou inderecte, por ajuda de algun dereito escripto ou non escripto, ou por outra razon alguna, fezeron juramento corporalmente o dito sennor obispo por suas ordees, et o dito Vaasco Gomes a os santos avangeos, tanjudos con suas maos; et por lo dito juramento prometeron de gardar et comprir o mando, arbitrio et laudo, composiçon, defiiçon, aviimento, ou mandos, arbitrios, laudos, comprosiçoes, deffiçoes et aviimentos, que os ditos omes boos de conssun ou cada hun delles con o dito terçeyro entrelles dessen et fezessen et ordenassen et arbitrassen et defiiçessen et aveesen sobre las ditas cousas et cada huna delas, et que non veessen contra elas nen contra parte delas en alguna maneira, et qualquer delles que contra ello, ou contra parte delo, vesse que non fosse oydo en juyso nen fora del, et demays que ficasse perjuro et infame et quantas vezes contra elo temtasse de vir tantas vezes enconrresse o dito perjurio et infamia; et todas las cousas delas ficassen firmes et valiosas do qual perjuro, o parte que en el caesse, non podesse aver ausoluçon se non por la see apostolical. Et porque esto ficasse firme et çerto para senpre as ditas partes rogaron et mandaron a min Iohan Aras, notario sobredito, que fezesse desto hun publico instromento ou mays os que comprissen.

Feyto foy esto en Castello d’Asma, çinquo dias de setembre, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Testemoyas que para esto foron chamadas et rogadas et presentes: don Iohan Afonso, dayan; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Aras, arçidiago de Neyra; don Ruy Gomes, mestrescolla; Jacome Ferrnandes, raçoeyro da iglesia de Lugo; Lourenço Eanes, clerigo; Iohan Vasque de Parada; Pedro Saco, Rodrigo Eanes de Burella; Alvar Lopes, abbade de San Vitoyro; Garçia Lopes, çevadeyro; Gomes Aras de Nugeyra; Afonso Peres, camareyro, et outros.

Et eu Iohan Aras, notario publico sobredito por autoridade do sennor obispo de Lugo, a esto con as ditas testemoyas foy presente et a rogo et mandado das ditas partes esta carta escripvi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade. Iohan Aras notario.

O qual compromisso outorgado por las ditas partes, et poderio por el dado a os ditos omes boos et terçeiro, as ditas partes presentaron o dito compromisso ante os ditos omes boos et terçeyro et pedironlles logo que reçebessen en sy o dito compromisso et o poder, que lles en el por las ditas partes era outorgado, et quisessen connosçer dos negoçios et cousas que sobre que entrelles era contenda, livrando entrelles et defiiçendo commo tevessen por ben. Et os ditos omes boos et terçeyro disseron en sy o poder, que lles por las ditas partes era dado et outorgado enno dito compromisso, et en connosçendo et usando do poder, que lles era en elo dado, que poynam plazo para en outro dias craz para sentençiaren et aviiren et mandaren et defiiçeren et compoeren entre as ditas partes commo achassen que devian et tevessen por ben.

A o qual prazo veudo, seys dias de setembre, era sobredita de mill et quatroçentos et quinze annos, estando ennos paaços do dito sennor obispo, que estan a par da iglesia de Castello d’Asma sobredita, en presença de min Iohan Aras, notario publico sobredito, et das testemoyas subscriptas, os ditos senor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, da huna parte, et Vaasco Gomes das Seyxas, da outra, pidiron a os ditos omes boos et terçeyro con elles, que estavan presentes, que dessen entrelles mando, laudo, ou sentença, ou aviimento, ou composiçon qual quisessen et por ben tevessen, et logo os ditos Lourenzo Eanes et Ruy Vasques, omes boos sobreditos, con acordo do dito Vaasco Peres, comendador sobredito, todos tres en hun acordo, deron et pronunçiaron hun mando en escrito et fezeron leer por min notario, do qual o tenor he tal: et nos Ruy Vasques et Lourenzo Eanes, omes boos sobreditos, con consintimento et outorgamento de Vaasco Peres de Vaamonde, comendador et terçeyro sobredito connosco, vistas et examinadas as demandas et raçoes et respostas et defenssoes et queyxumes das ditas partes, et de cada huna delas, et as confessoes que as ditas partes fezeron sobresto que dito he, et avudo sobrelo nosso acordo, seendo as ditas partes presentes, et pedindo que desen entrelas mando et defiimento, nos por maneira de composiçon et por los trager a boa concordia pero chegandonos a o dereyto et usando del sobrelas cousas sobreditas mandamos sobre razon dos tallos et pascos que o dito Vaasco Gomes enbargava a os omes dous coutos da iglesia de Lugo, que jazen enno termino da dita Prova de Chantada, et a os lavradores et caseiros das herdades do dito sennor obispo et sua iglesia, que jazen enna terra chaa et alfoz da dita prova, que possan tallar et paçer con seus gaados ennos coutos do dito sennor obispo, segundo que se ata aqui usou et acostumou ennos tempos pasados, et sobresto que o dito Vaasco Gomes non faça enbargo por sy, nen por outro, nen mande fazer a os moradores dos coutos do dito sennor obispo et de sua iglesia et lavradores das suas herdades d’aqui adeante gardandosse hunos a outros os lavores que teveren gardados et lavrados et sarrados.

Outrossy mandamos que se garde entrelles as condiçoes et posturas que poseron en Portomarin enna maneira que son postas et se conten en hun instromento que passou entrelles por Rodrigo Eanes de Burella et Johan Aras, notario publico de

Lugo, firmado et signado de seus signos de que o tenor he tal:

Segue avinza de: 1377-V-12, entre o bispo de Lugo, don frei Pedro López, e Vasco Gómez de Seixas (CD n.º 764).

Outrosi en rason dos coutos da dita iglesia, que jasen en termino da dita prova, en que o dito Vaasco Gomez desia que avia entrar a comprir a justiçia, quando fosse mingoada por los ofiçiaes do dito sennor obispo, achamos que o dito Vaasco Gomes, nen as justiçias da dita sua villa de Chantada, non an y jurdiçon nen o deven faser de dereyto, et mandamos que el, nen seus merynos, nen justiças, nen ofiçiaes nen ennos ditos coutos, nen en algun delles, a faser justiça nen outro constringemento algun, a os moradores dos ditos coutos, et se acaesçer que algun, ou alguos, que non foren moradores dos ditos coutos, nen de algun delles, feseren malefiçio enna terra et sennorio do dito Vaasco Gomes porque devan et merescan de aver penna corporal, et se colleren a os ditos coutos ou a algun delles, que o dito Vaasco Gomes, ou sua justiça, possa yr pus elles et frontar a os moordomos, ou justiça, que y estever por lo dito sennor obispo et sua iglesia que llos entregue para faser delles comprimento de dereyto a os querelosos ut feseren o malefiçio criminal, et non llos querendo o moordomo, ou justiça do bispo, entregar ou non podendo, que os tome o dito Vaasco Gomes, ou sua justiça, sen penna et perjudiçio do sennor do dito couto, para faser comprimento de justiça delles ali ut feseron o malefiçio, et collendose os ditos malfeitores a as iglesias dos ditos coutos, ou alguna delas, que o dito Vaasco Gomes, nen suas justiças, non quebranten os privillegios das iglesias nen os tiren delas se non commo mandan os dereytos. Outrosi acaesçendo que algun, ou alguos, dos moradores dos ditos coutos, ou de algun delles, feseren malefiçio algun enna terra et sennorio do dito Vaasco Gomes que seian demandados por los foros dos ditos coutos et justiças delles, et se o sennor et justiças, ou moordomos dos ditos coutos, a quen for querelado, ou frontado, que façan delles aver comprimento de dereyto et o non quiseren faser que seian tiudos da penna et calumpnia que meresçeren os ditos malfeitores de que non quiseren faser comprimento de dereyto.

Otrossi sobre rason das monas et serviços de nosso sennor el rey que de aqui adeante veeren en esta terra et sacada que qualquer colledor que as ouver de coller ou recadar que as non demande nen leve de aquelles que foren moradores ennas casas do dito sennor obispo et sua iglesia et lavraren as suas herdades que a dita iglesia de Lugo ha, et as monas que entraren ennos ditos coutos da dita iglesia sacada d’aqueles que moraren nas casas do dito sennor obispo et sua iglesia et lavrasen as suas herdades, mandamos que aqueles outros que ouveren a valia que paguen as ditas monas a o colledor et recabdador dellas, segundo que usaron de as pagar ata aqui, pero que o dito Vaasco Gomes por rason de boa amistade quando as rendar que as de a o dito sennor obispo por aquelo que for guisado amigavelmente en guisa que se collan por los moordomos do dito sennor obispo sen agraveamento contra dereyto dos moradores dos ditos coutos.

Et se d’aqui adeante o dito sennor obispo comprir ou gaanar alguas herdades enna Terrra Chaa, sennorio do dito Vasco Gomes, que passen a o dito sennor obispo con suas carregas. Et todo esto mandamos que seia comprido et guardado en todo entre as ditas partes sub as ditas pennas dos juramentos que an feytos. Et se alguuns erros et queyxumes entrelles avia ata aqui que seian quitos et perdoados et se façan boas obras d’aqui adeante commo amigos. Et reteemos en nos o poderio que nos foy dado para mandar mays en este dito pleyto entre as ditas partes aquelo que entendermos que compre et para declarar en interpretar as palavras de nosso mando et mandos se foren ouscuras ou dultosas, ou non boas d’entender huna ves et duas et mays quantas veses sobrelas requesçeren dubta entre as ditas partes. Et en estes escriptos por nosso mando et sentença declaramos-lo et pornunçiamos-lo todo assy, et en testemoyo desto mandamos a o notario juso escripto que signe esto de seu signal.

Que foy feyto et dado enno dito lugar et era et dias sobreditos. Testemoyas que a esto foron presente: don Iohan Afonso, dayan; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Aras, arçidiago de Neyra enna iglesia de Lugo; Alvar Lopes, abbade de San Vitoyro; Ruy Lopes d’Aguiar; Martin Vasque de Vaamonde; Rodrigo Eanes de Burela; Garçia Lopes, çevadeyro; Iohan Ferrnandes, camareyro; Iohan Ferrnandes, camareyro; Diego Garcia de Caldelas; Sueyro Aras de Monterroso, et outros.

Et eu Iohan Aras, notario publico sobredito, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas fuy presente et vi et lii et trasladey aqui a dita carta vervo por vervo segundo que passou entre os ditos sennor obispo et Vaasco Gomes das Seyxas en Portomarin por los ditos Rodrigo Eanes et Iohan Aras, notarios, et por mandado dos ditos omes boos et terçeyro porque lles vi dar o dito mando en hun acordo puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.

Iohan Aras notario.

Materias

orde militar; xuramento; abade; alcalde; alcalde maior; alfoz; arbitraxe; arcediago; arquivo; auto xudicial; avinza; avogado; bispo; cabaleiro; camareiro; casas; caseiro; cebada; comendador; concello; conde; couto; criado; deán; delito; dereito; despenseiro; dignidades; embargo; emprazamento; escritura; evanxeos; fidalgo; fisco; gando; labrego; lingua; meiriño; mesa bispal; mestrescola; mordomo; mosteiro; nomeamento; notario; orde de Santiago; pazo; pedidos; pena; poder; preito; privilexio; proceso; publicación; querela; racioneiro; recadador; rei; sentenza; servizos; traslado; tributos; valado; vasalo; xuíz; xurisdición; notario

Persoas

Afonso Pérez, camareiro; Álvaro López, abade de San Vitoiro de Ribas de Sil; Diego García de Caldelas; García López, cebadeiro; Gómez Ares de Nogueira; Lourenzo Eanes de Lamas, avogado; Lourenzo Eanes, crego; Martiño Vázquez de Baamonde; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro de Río; Pedro Henríquez, conde de Lemos; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo; Roi Afonso, arcediago de Deza; Roi Eanes de Burela, despenseiro do bispo de Lugo; Roi González, mestrescola de Lugo; Roi López de Aguiar; Roi Vázquez, alcalde maior de Lugo; Sueiro Ares de Monterroso; Vasco Gómez das Seixas, cabaleiro; Vasco Pérez de Baamonde, comendador de Castrotorafe; Xácome Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán Afonso, deán de Lugo; Xoán Vázquez de Parada; Xoán Ares, notario

Outros

Chantada, concello; Lemos, condado; Lugo, cabido; San Vitoiro de Ribas de Miño, abadía; Terra Chá; Lugo, bispado

Lugares

Aguiar, terra, antiga xurisdición; Baamonde; Burela, Santa María; Caldelas; Castelo, Santa María; Castrotorafe; Chantada; Deza, arcediagado; Lamas; Lugo; Monterroso; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Nogueira; Parada, San Xoán; Portomarín; Ribas de Miño, San Vitoiro, mosteiro; Rio; Roma; Seyxas; Terra Chá, antiga xurisdición