Sabean quantos esta carta
viren que nos don Pero Suares dean da
(...) cabidoo desse lugar seendo juntados per canpaan
tanjuda enna costra nova de San Martiño
hu he custume de nos juntar a faser cabidoo,
damos e outorgamos a vos Garçia Peres fillo de Garçia
Peres de Lagarinos escudeiro que foy en toda
vossa vida et a huna vos qual vos nomeardes en
vossa vida ou a tenpo de vosso finamento, et se a non
nomeardes que seia a dita vos aquel que
herdar os outros vossos beens de dereito, de
çinqo dias hun da pesqueira das Paradas
de Melees que perteençe aa renda de Belsar de
Melees que he na friigesia de San Migueel de
Melees. Damos vos a foro o dito dia da posta da dita
pesqueira de çinqo dias hun, assy que
vos o dito dia et vossa vos por vos e por outro
levedes e aiades para vos a quarta de
todo o pescado que nos devemos a aver o dito dia
et segundo que o nos devemos a aver o dito
dia do que morer na dita pesqueira et segundo
que o por nos leva outro outro dia Domingo (...)
coengo d’Ourense. Et que vos et a dita
voz que dedes a nos o dito cabidoo cada anno
en salvo non enbargante caso furtuyto algun
quatro libras de brancos desta moeda
de nosso señor el rey que ora corre de que contan
qoreenta par de diñeiros por tres libras
et pagardelas cada anno polos terços do anno segundo
que he ordinado per nosso señor o bispo e dean
e cabidoo. Et he posto que se vos o dito Garçia
Peres ou a dita vos quiserdes
vender, deytar ou supiñorar esto que dito he
que primeiramente frontedes
a nos o dito cabidoo et nolo dedes polo justo preço
que outro por el der, et non no querendo
nos enton vendede, deitade ou sopiñorade a atal pessona
que seia semellavil de vos et de que nos possamos aver
as ditas quatro libras en salvo cada anno
assy commo de vos. Et se contenda recleçer entre
nos o dito cabidoo et vos o dito Garçia Peres
e a dita vos sobre razon deste aforamento que
se termii per dous ommes boons de nos o dito
cabidoo tomados a prazer de nos as ditas partes,
toda outra apelaçon remota. Et a finamento de
vos o dito Garçia Peres e da dita vos
que esto que vos damos a foro fique livre e
desenbargado ao dito ca(bidoo). Et obrigamos os beens
da mesa de nos o dito cabidoo para anparar vos o
dito Garçia Peres e a dita voz con
esto que vos aforamos commo dito he. Et eu o
dito Garçia Peres que soon
presente por min e por a dita vos assy
reçebo de vos os ditos dean e cabidoo esto que sobre
dito he que me aforades, et prometo et
outorgo de vos dar e pagar cada anno as ditas quatro
libras en paz et en salvo non enbargante
caso furtuyto alguun aos ditos termios e a cada
huun deles segundo dito he, et conprir
e aguardar todalas cousas et cada huna delas que en
esta carta son contiudas, et para o assy conprir
obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et
desto nos as ditas partes rogamos e mandamos a
Pero Lourenço notario d’Ourense que
fezesse ende duas cartas partidas per a.b.c. anbas en hun
tenor. Feita a carta en Ourense no dito cabidoo, seys
dias do mes de fevereiro, era de mill et trezentos e
noveenta e quatro annos. Tests. que
presentes foron Johan Afonsso coengo
d’Ourense e moordomo do dito cabidoo e Johan
Garçia seu porteiro et Bertolameu e Gomez do Açor
ommes do dito dean.
Et eu Pero
Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia
desse lugar que a esto presente foy e desto que
sobre dito he a rogo das ditas partes en
miña presença fiz escrivyr duas cartas partidas
por a.b.c. antas en huun tenor e en cada huna
delas meu nome e signal puge que tal he.
(sinal)