GMH/ÍNDICE A-Z

152

s/d

Roi Pérez, reitor de Santa María de Torán, afora a cinco voces a Gonzalo Pérez un leiro de herdade na freguesía de Santiago de Soutomaior, coa condición de poñer viña e pagar dúas cuartas de viño de renda anual. (fol. 47-47v)

Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Roy Peres, clerigo reytor da igleia de Santa Maria de Tooran, con liçençia et autoridade de Alvaro Fernandes, canonigo enna igleia d’Ourense et vigario da Terra do Cabiidoo, dou et outorgo aforo a vos Gonçalvo Peres que sondes presente et a çinqo voses apus morte de vosa morte etç. Conben a saber que vos aforo hun leiro derdade que jaz enna freigesía de Santiago de Souto Mayor, o qual he et perteesçe a dita miña igleia de Santa Maria de Tooran et parte enna batoca do Faveello et da outra parte topa hun v con hun leiro de viña da igleia de Santiago de Souto Mayor et do outro cabo demarqa con outro leiro da capela e vay feryr enna congostra do Faveello e en çima en viña en Santiago de Souto Mayor. Aforo vos o dito leiro derdade con todas suas etç. por tal condiçon que o chantedes de viña et diedes e pagedes por el de foro en cada huun anno duas quartas de boon viño de lagar de viño cozido de cada anno por día de San Martiño e do al de disemo a deus et quiserdes vender etç. e non faredes manda etç. ( fol. 47)
et obrigo os beens da dita igleia etç. et eu, o dito Gonçalvo Peres, obrigo meus beens etç. de pagar de cada hun annos por lo dito día de San Martiño as ditas duas quartas de viño etç. Penna çen mrs. etç. Et eu, o dito Alvaro Fernandes canonigo et vigario sobre dito, asy dou a dita liçençia e autoridade etç. Tests. Gomes Fernandes de Ca Gonçalves de Canba clerigo do coro da igleia d’Ourense, Diego o puto et Afonso Gonçalves clerigo reytor da igleia de Santiago de Souto Mayor et Rodrigo, criado do dito Alvaro Fernandes.