GMH/ÍNDICE A-Z

469
1434novembro, 8
García Sarmento, en nome dos seus fillos Diego, María e Inés Sarmento, outorga poder a Xoán de Bouzas, reitor de Santa Baia de Mondariz, para reclamar todo o que se lle deba no Reino de Galicia. (fol. 139)

   
Et despois desto, lues oyto dias do dito mes de novenbro, Garçia Sarmento, asy como padre legitimo, amistrador et tutor de que he de seus fillos Diego Sarmento et Maria Sarmento et Eynes Sarmento et de sua moller dona Tereija de Souto Mayor, deu et outorgou poder conprido a Joan de Bouças, clerigo reytor da igleia de Santa Baya de Mondariz, para que posa coller et reçeber et recadar por sy et en nome dos ditos seus fillos, todos e quaes quer mrs. e pan e viño et carne et frutos e outras quaes quer rentas asy de pan como de viño e mrs. e devedas e foros e rendas e dereitos e dereyturas que a el \por parte/ e aos ditos seus fillos sejan devidos et lle devan quaes quer personas en todo o reyno de Galisia e dar carta e cartas de pago et demandar quaes quer devedas et quitar quaes quer prendas que a dita dona Tereija en sua vyda leixase enpenadas en todo o dito reyno de Galisia, asy dos tenpos pasados como des aqui endeante en quanto sua vontade for, et posa sobre elo entrar en juiso etç., con poder de sustetuyr etç. e obrigou os beens dos ditos seus fillos e seus etç. Poder abastante etç. Tests. Vasco Martines de Vylbaao et Joan Fernandes de Palençia et criados do dito Garçia Sarmento et Vasco escripvan criado de min o dito notario. (fol. 139)