1347, novembro, 27. Lugo
Cláusula testamentaria de Maior Pais, que lega á igrexa lucense, para o seu aniversario, unhas leiras de herdade en Pipín.
Era
de mill et CCC LXXXª et çinquo annos, viinte et sete dias
de novenbre.
En
presença de min Fernando Garçia, notario publico del
rey en Lugo, et das testemoyas subscriptas, dom Arias Pellaes,
arçidiago de Deçon, mostrou ante don Martin Perez, iuyz
de Lugo, hun testamento de Moor Pelaes, sua hirmaa que fuy, o qual
era signado con signal de min notario sobredito, enno qual testamento
entre las outras coussas se continna esta clausula que se sigue: «
Item mando por aniversario por minna alma a a iglesia de Lugo as
minnas leyras de herdade que iasen en Pipin, yndo para Alveyros, que
eu aio et se partem con outra de Iohan Tempo, que me façan
cada anno un aniversario etc...». D’aqual clausula o dito
arçidiago pidio a o dito iuyz que desse autoridade a min
notario que a trasladasse aqui en este livro do cabido porque fezesse
fe para senpre, et a signasse con meu signal. Et o dito iuyz deu
autoridade a min, notario sobredito, que a trasladasse aqui sub meu
signal.
Testemoyas
que foron presentes: Domingo Martines, alcalle de Lugo; Rodrigo
Eanes, Pedro Ferrnandes, Affonso Yanes, clerigos do coro, et outros
moytos testemoyas.
Et
eu Fernando Garçia, notario sobredito, a dita clausula do dito
testamento saquey con autoridade do dito iuyz et pugea en este livro
do cabidoo et puge y meu sinal.