(ff. 31-31 v)
XXIII dias do dito mes. Sabean todos que eu Pero Eanes, fillo de Juan da Lagea, morador ẽna dita villa de Pontevedra et da sua moller que foi, Maior Leal, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Juan Fremoso, toneleiro et a vosa moller Costança Afonso, moradores ẽna dita villa, que sodes presentes et a todas vosas vozes et suas, as mĩas casas, disimo a Deus, sotão et sobrado que estan ẽna Rua de don Gonçalvo da dita villa, fiigresia de San Bartolameu, as quaes casas se ten de longo por parede, da hũa parte, con casas de Gonçalvo da Ruival, mareante et da outra parte, se ten, eso mesmo de longo, por parede con casas que foron de Vasco do Souto, que agora son de Juan de Padron, marineiro, et vay topar o outon das ditas casas en outras casas de Lourenço Eanes, notario da dita villa, et saen con portas et fiestras, aa dita Rua de Don Gonçalvo, et as quaes a min perteesçen por herança da dita mĩa madre et por outra qualquer rason que me perteesçera, et vendo, como dito he, as ditas casas con sua pedra, tella, ferro, madeira, et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con seus pousos, jures et aogas vertentes et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, conven a saber: por contia de mill maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos mill maravedis da dita moeda, eu de vos resçeby en prata et dineiros, en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa et renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non valla. Et se mas balen as ditas casas, que vos asi vendo, que esto que dito he, que me asi por elas dades, toda esta mayosia que mas valen, vos dou et outorgo en pura, justa et sãa doaçon para todo senpre asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas vale ontre bivos et todo jur, senorio, posison, propiedade, vos, dereito et auçon que eu ey et a aver devo en esto que dito he, que vos vendo, de min et de todas mĩas voces o tivo et tollo et en vos os ditos Juan Framoso et vosa moller et vosas vozes, o poño et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de en lugar de señorio et posison corporal, et quero // et outorgo que desde oje este dia endeante, por vosa abtoridade propia, posades entrar et resçeber as ditas casas et faser delas et en elas toda vosa livre voontade como de vosa cousa propia sen meu enbargo et de todas mĩas vozes et prometo et outorgo de vos defender et anparar con esto que dito he, que vos vendo, et faservoslo sãao et de pas senpre et a todo tenpo de quenquer que vos lo enbargar ou demandar, por min et por todos meus bẽes movles et reyses que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peite por pena et en nome de interese, se o asi non tover et conprir et contra elo ver. Et a pena pagada ou non, esto, como dito he, este senpre firme. Et nos, os ditos Juan Fremoso et Costança Afonso, mĩa moller, que asi somos presentes, por nos et por nosas vozes, asi o resçebemos. Feita a carta de venda na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Fernan Paas, toneleiro, Rodrigo Afonso da Correaria, besteiro, moradores na dita villa de Pontevedra, et outros. Feita.