GMH/ÍNDICE A-Z

E2-8
1435, abril, 11
O xuíz Afonso Enríquez, co testemuño do notario, presenta denuncia contra Fernando de Mourellos, home do arcediago de Castela, por agredir e ferir cunha espada ao rexedor Goterre Afonso e quebrantar así o seguro establecido entre ambos os dous. (fols. 5-6)
E despois desto, enna dita çidade d’Ourense, enna Praça do Canpo, día lues, onse dias do mes de abril do dito anno, estando y presente Afonso Anriques juis /da dita çidade\ d’Ourense, en presença de min o notario et tests. de juso escriptas, logo o dito Afonso Anriques juis diso que pedía a min o dito notario que lle dese signado que por rason que oje en este dito día a esta ora de vesperas, sendo el en audiençia publica et teendo el posto seguro da parte de noso señor el rey ontre Goterre Afonso rejedor desta dita çidade et Fernando de Mourellos omen do arçediano de Castela, o qual dito seguro disero que posera por Nuno Gonçalves da Praça notario, et que lles posera que qual quer delles que o quebrantase que fose caydo en aquelas pennas en que caen aquelas que quebrantan tregoa e seguro por seu rey et señor natural, et segundo que o dito seguro diso que mays conpridamente avya pasado, et agora (fol. 5)
en esta ora e día, seyndo o dito Goterre Afonso manso et seguro de casa de min o dito notario, que esta enna dita Praça do Canpo, e non fasendo mal a persona alguna por que devese de meresçer morte nen seer ferido, que o dito Fernando de Mourellos, non temendo a deus nen ao seu señor el rey nen as suas justiças nen a noso señor don Diego obispo d’Ourense nen a el eso meesmo que sía enna dita audiençia, que ontre el et outros omeens do dito arçediano e doutras personas, que aderençaran ao dito Goterre Afonso et que o dito Fernando de Mourelos que sacara a espada da beyna contra o dito Goterre Afonso por lo matar, et seus conpaneiros como lo viran sacar que o ajudaran contra o dito Goterre Afonso, do qual lle logo deran huna grande ferida en huna perna esqerda, en que o feriran debayxo do gionllo ata o qualquanar, et que (chega)* se non fora el e outros vesiños da dita çidade e o mestre sala do dito señor obispo, que o dito Fernando de Mourellos e sus conpaneyros que logo mataran ao dito Goterre Afonso, e por quanto elles fugiran e os el non podera prender, por ende que protestava que o dito Fernando de Mourellos fosen caydos et encorridos en aquelas (per)* pennas en que caen aqueles que quebrantan tregoa et (fol. 5v)
seguro posto por seu rey e señor natural et por suas justiças e como aqueles que matan (oon)* omen manso e seguro, et que pedia a min o dito notario que por quanto o vira con el todo porlos meus ollos, que o dese asy todo signado e que o deytasen enno registro do dito conçello. Tests. que foron presentes Pero Gonçalves, Alvaro Gonçalves notario, Joan Fernandes, Gonçalvo Rañooa vesiños d’Ourense.