XXJX (35R)
-125-
Ẽno dito porto de Rriãjo, XJX días do dito mes, ano4 dito. Este día Johán do Barral, / morador en Santa Coõba de Rriãjo, como4 tutor, gardador e admjnjstrador de Johán / e María, seus fillos, e de María Dominges, súa moller defũta, que Deus aja, por/lo poder e abtoridade que para elo lle dou Gomes Garçía, notario, lugarte/nẽte de juís, por vertude de súa carta sellada e firmada de seu / nome4 e de notario público, que para ello le dou, que leuou en seu poder, / outorgou que rreçebeu en si toda a parte dos bẽes mobles, que aos ditos / menores perteesçen por herẽça da dita María Dominges, súa madre, para los / tener e gardar e dar aos ditos menores quando fosẽ de hedade cõprida. / Outorgouse deles por entrego e ben pago e rrenũçió as dúas leys [et çétera]6. / E por quanto agora casaua cõ el Eluyra de Comojo4, outorgou en nom[e]6 / e como4 tutor e gardador dos ditos moços carta de pago e de nũçón e / fin e quitamẽto á dita Eluyra de Comojo, súa moller, cõ que(e)n agora / casaua, e a dou por libre e quita e a seus bees e anũçiada dos / bẽes e parte dos ditos menores que quedarõ da dita súa madre para / senpre jamais; e obligouse cõ todos seus bees de a sacar a pas / e a saluo dos ditos menores en todo tenpo, so pena4 de dous mjll morauidís. / Outorgou carta firme, et çétera. Testigos: Rroý da Costa, çapateyro de Rriãjo, e Afonso / Vjdal de Taragoño e Ares d'Outeyro d'Asados.
__________
4. Leva un trazo sobre a palabra.
6. O papel está rompido.