GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

124
----/--/--(?)

Gonçalvo Rodrigues, mariñeiro de Pontevedra, vende a Juan Afonso, morador en Sequeiro, freguesia de Santa Maria de Couso, as súas propiedades na dita freguesia por prezo de 160 mrs.

(f. 59 v)

(roto) mes de desenbre. Sabean todos que eu Gonçalvo (?) Rodrigues, mariñeiro, besiño da villa de Pontevedra que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mais de mĩa libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Juan Afonso, morador ẽno lugar que disen Sequeiro que he ẽna fiigresia de Santa Maria de Couso, que sodes presente, et a vosa moller Sancha Fernandes et a todas vosas boses, todas la herdades, casas, casares et plantados et viñas, onde quer que vaan a montes et fontes, ẽna dita fiigresia de Santa Maria de Couso, ẽno casal que disen dos Carteiros, as quaes a mĩ pertesçen por mia avoa Tareija Martis et por outra qualquer parte que a mĩ perteesçan ẽna dita fiigresia et sua herdadura; et vendo como dito he as ditas herdades, casas, casares et plantados et viñas con suas entradas et saydas et perteesças et dereituras, que ller perteesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de çento et sesenta mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çento et satenta mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago, et renunçio a toda exençon que nunca ende diga o contrario, et seo diser que me non valla, et se mas bal esto que vos asi bendo douvoslo et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer ontre vibos; et todo jur, señorio, posison, propiadade, vos, dereito et auçon que eu ey et aaver devo en esto que vos asi vendo, de mĩ et de todas mĩas vozes o tiro et tollo et en vos o dito Juan Afonso et ẽna dita vosa moller et bosas vozes o poño et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, para que façades delo et en elo toda bosa libre voontade como de bosa cousa propia, et prometo et outorgo de vos anparar et defender, con esto que vos bendo, de todo enbargo por mĩ et por meus bẽes que vos a elo obligo et so pena do doblo da dita contia, que vos peite por pena a vos et a dita vosa moller et bosas vozes eu ou mĩas vozes seo asi non toveremos, conpriremos et contra elo vieremos, et a pena pagada ou non esto como dito he este senpre firme. Que foy outorgado na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Et eu o dito Juan Afonso, que asi soo presente, por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes asi o resçebo. Testemoyas que foron presentes, Juan Fernandes, pintor, et Juan de Cabral, pedreiro, moradores ẽna dita villa de Pontevedra, et Gomes Rodrigues, morador ẽna fiigresia de San Christovoo de Couso et outros.

Feita.

(Aquí continúa a escritura 126 que comeza no f. 60 v)

oyto mrs. aa boa fe de Deus et sen mao engano, por mi et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et por juramento que ende faço en este signal de crus en lugar de Santos Evangeus, et so pena de mill mrs. da dita moeda que vos peite por pena eu ou mĩas vozes seo asi non teveremos, conpriremos et contra elo vieremos. Et eu, o dito Juan de Deus que soo presente et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi resçebo a dita doaçon da dita casa et outorgo que eu et a dita mia moller et nosas vozes pagemos cada un ano os ditos oito mrs. en salvo ao dito lume do dito moesteiro de San Françisco como dito he, para os quaes asi pagar obligamos a nos et a nosos bẽes et so a dita pena, et a pena pagada ou non, este estromento et o en el contiudo este senpre firme. Que foy outorgado na dita villa, ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes, Pero de Parrega, labrador, et Afonso Thabiras, pintor, criado de Juan Garçia, pintor, et Gonçalvo Rodrigues, fillo de Rui Peres, clerigo, et outros.

Feita et dada a San Francisco.