GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

53
1433, agosto, 9
Teresa Peres, viúva de Juan de Santa Fe, toneleiro, moradora no couto de Tanoiro, no seu nome e do seu neto Estevoo, menor de idade, vende a Afonso Domingues, clérigo capelán do mosteiro de San Pedro de Tanoiro, unha casa na Rúa da Tonearia, por precio de 600 maravedis.

(ff. 23-23 v)

Este día. Sabean todos que eu Tareija Peres, moller que foi de Juan de Santa Fe, toneleiro, cuja alma Deus aja, et morador que soo ẽno couto de Tanoiro, que soo presente et que o faço por min et en nome de Estevoo, meu neto et do dito meu marido que foi, que presente esta et outorga et por lo qual me obligo, por quanto el he menor de viinte et çinco anos, que el aja por firme et estavell esto aqui adeante contiudo, et que non venan contra elo en ninhũu tenpo que seja et por mĩas vozes et suas, non costrenguda por força nen por engano resçebida, mas de mĩa livre et propia voontade, et par pagr çertas devedas que eu et o dito meu marido deviamos de que // ao dito meu neto ben de pagar a sua metade, vendo et firmemente outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Afonso Domingues, clerigo capelan do moesteiro de San Pero de Tanoiro que sodes presente, et a todas vosas voçes, a nosa casa, disimo a Deus que esta ẽna Rua da Tonearia da friguesia de San Bartolameu da dita villa, et a qual se ten de longo por parede da hũa parte con outra casa do dito moesteiro de Tanoiro et da outra parte se ten eso mesmo de longo por parede con a rua publica que vay para a Rua da Pedreira da dita villa, et sal con portas aa dita rua da Tonearia, et a qual a min et ao dito meu neto perteesçe por conpra que eu et o dito meu marido, seu avoo dela fesemos a Pero Fernandes, toneleiro, et por outra qualquer rason que nos perteesca, et vendo, como dito he, a dita casa con seu tarreo en que esta et con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et dalto et con todas suas entradas et seydas et pousos, jures et agoas bertentes et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, por contia de seisçentos maravedis de moeda bella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos seisçentos maravedis da dita moeda, eu de vos resçebi en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrega et paga, et renunçio etc. et se o diser etc. et se mas val etc. et todo jur etc. anparar etc. pena o doblo etc. Et eu, o dito Estevoo, neto da dita Taraija Peres, que asi soo presente, asi consento et outorgo, a sobredita venda, segundo que a fezo et outorgou a dita mĩa avoa, et prometo non biir contra elo por juramento que ende fije en este signal de crus en lugar de Sanctos Avangeos, et a dita pena, etc. et a pena etc todavia etc. Et eu o dito Afonso Domingues, que asi soo presente, por min et por mĩas vozes asi o resçebo. Feita a carta na dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Pero Ferreiro, mareante, et Juan Rodrigues, toneleiro, et Marquos Carneiro, besiños et moradores na dita villa de Pontebedra, et outros. Feita.