239
maio, 10
Gonzalo Pérez, morador en Santiago de Soutomaior, vende a Estevo Anes e á súa muller Aldonza Anes os bens raíces que ten en Santa Mariña de Augas Santas e Santiago de Folgoso por 245 mrs. (fols. 78v-79)
Carta de venda de Estevo Yanes. Feita e dada.
Sabean quantos esta carta de venda viren como eu, Gonçalvo Peres, morador enna freigesía de Santiago de Souto Mayor, por min e por toda miña voz vendo firmemente e logo por esa presente carta entrego a vos, Estevo Yanes que sondes presente (fol. 78v)
et a vosa moller Aldonça Yanes que non he presente et a todas vosas voses de disemo a deus para por senpre, conben a saber que vos vendo todos beens e erdades e casas e arvores e soutos e cortinas e todoslos outros beens e erdamentos que eu ey et me perteesçe de dereito \por parte e herença de Martin Peres de Santa Mariña e de Mor Domingues meus aboos/ ennas freigesias de Santa Mariña das Agoas Santas e de Santiago de Felgoso, salvo que tiro para min o lugar de Outeiro et o souto do Çeenso e tyrando todo esto vendo vos todoslos outros beens e herdamentos para por senpre con todas suas entradas etç. asy que vos et todas vosas voses os ajades e pesuyades des aqui en deante por jur derdade para por senpre e façades delles et en elles toda vosa livre vontade et que quer que vos aprouver como de vosa cousa propia; ca conosco et outorgo que reçeby de vos todo o preço que a vos e a min aprouvo de me por elo dardes, conben a saber dosentos et qoreenta e çinqo mrs. de moeda vella contando branca en tres dños. de que me dou por pago et renunçio etç. et se mays val de conpra dou vos lo en pura doaçon etç. porlo devedo que convosco aja e por moytas boas obras que vos ajo feitas et por esta e logo todo jur, dereito etç. e por esta presente carta vos poño enna posison etç. et renunçio etç. et obrigo todos meus beens movelles e reyses, avidos e por aver de vos faser saan e de pas os ditos beens e de vos defender con elles a dereito etç. Penna tresentos mrs. etç. Tests. Joan de Ramuyn mercador vesiño d’Ourense e Gonçalvo Martines do Paaço et Martin de Calvos moradores en Seixalvo et Gonçalvo Yanes de Layoos. Feita des dias de mayo. ( fol. 79)