GMH/ÍNDICE A-Z

131

1419, novembro, 10.
O Concello ordena que se pague ó servente Afonso Da Cana todo o que se lle debía do seu salario.
Martín Galos fai entrega de dous privilexios, un referido ás 400 moedas que Enrique III quitar ó Concello e outro ó privilexio dos portádegos; estes privilexios sacáronse da ucha del concejo y see entregaron al pelitero Juan Domínguez para que los llevase al notario de la ciudad Pedro Afonso, que de conseguir la confirmación del monarca.
O Concello manda ós seus procuradores dean a Juan Domínguez 200 maravedís para os gastos da súa ida á Corte coa petición que enviaban ó arcebispo.

Esta feira des dias do mes de novenbre, este dito dia seendo o conçello e alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que han de uso e de costume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril,Juan Ares da Cana, Martin Galos, regidores jurados enna dita çidade en presença de min o dito Rui Martines, notario, e das testemoyas adeante escriptas, logo enton, o dito conçello, alcalles e regidores susoditos mandaron a Juan Dominges de Liñares [seu] procurador que presente estava que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdava ou avia de recabedar este dito anno que dese e pagase ende a Afonso da Cana, servente do dito conçello, todos los maravedis que achase por conta que lle eran devidos de seu salario que do dito conçello tĩina en cada ũu anno por rason do dito ofiçio e que avia de aver do tenpo pasado fasta en fin deste dito anno e que mandavan que fosen reçebidos en conta a o dito Juan Dominges todos los maravedis que por la dita conta lle fosen devidos a o dito Alonso de Cana que avia de aver para conprimento do dito seu selario deste dito anno. E desto eu como pasou o dito Alonso de Cana pedeu a min o dito notario que llo dese sinado de meu signo para garda do seu dereito. Esto fui enno dito lugar, dia, mes e anno, susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Juan d’España, Juan Bugeirete do Preguntoiro e Migell Rodriges do Vilar e Juan Ares do Vilar e Afonso de Salnes, vesiños da dita çidade. Feyto e dado a o dito Afonso da Cana.
Predito. O dito Martin Galos por sy e en nome de Pero Yanes Abraldes, entregou a o dito conçello dous privilegios escriptos en pergamino et bulados con seelo de plomo hũu sobre las quatroçentas moedas que el rey don Enrique. de esclaresçida memoria que santo parayso aja, quitou ao dito conçello et outro sobre los portalgos; os quaes privilegios estavan enna ucha que eles tẽen por lo dito conçello en que jazen as escripturas que pertẽesçen ao dito conçello. Et os quaes o dito conçello logo entregou a Juan Dominges, peliteiro, veziño da dita çidade que presente estava para que os levase a Pero Afonso, notario da dita çibdade, o qual ha de gããnar confirmaçon deles de noso señor el rey, o qual Juan Dominges se obligou de dar os ditos privilegios ao dito Pero Afonso et de trager conosçemento del de como llos entregou e os el reçebeu del en nome do dito conçello. Testemoyas os sobreditos.
Predito. O dito conçello mandou a Garçia Rodriges e a Juan Dominges, seus procuradores que desen ao dito Juan Dominges dozentos maravedis, blanca en tres dineiros para sua despensa, por quanto lle mandavan que fose a a Corte de noso señor el rey con hũa petiçon que enbiavan a noso señor o arçobispo e con os ditos privilegios, os quaes el reçebeu logo do dito Johan Dominges e do bachiller Gomes Rodriges en nome do dito Garçia Rodriges e outorgouse delas por entrego e pago. Testemoyas, os sobreditos.