76
1418, abril, 1.
Mestre Fernando, cirurxián, veciño de Santiago, recoñece ter recibido do Concello 150 maravedís en enmenda do custo que fixera durante o tempo que estivo na cidade ata que se lle sinalou salario anual.
Esta feira, o primeiro dia do mes de abril. Sabean quantos esta carta viren como eu Mestre Fernando, sulurgian, vesiño da çidade de Santiago connosco et outorgo que reçebi de vos Alvaro Gil, procurador do conçello da dita çidade çento et çinquoeenta moravedis contando blanqua a tres dineiros, os quaes ditos moravedis me pagastes por mandado do dito conçello et alcalles et regidores da dita çidade que mos mandaron dar en enrnenda da custa que eu fise enno tenpo que por seu mandado estive regidentemente en esta dita çidade ata que eles me poseron selario de cada hũu anno et dos quaes ditos moravedis me outorgo por entrego et ben pagado et renunçio a ley do aver non dado nen contado en presença do notario et testemoyas et a toda outra eixençon que nunca delo diga o contrario et eu o dito Alvaro Gil, que presente soo asi o reçebo Testemoyas que a esto foron presentes: Afonso Martines de Ferreira, escrivano del rey et Afonso de Santhome do arçobispo de Santiago et Afonso Peres, escrivan.