GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

214

s/d

Mestre Fernando, con consentimento da súa muller Aldonza Anes, dota a súa filla María en casamento con Lopo Afonso, criado do barbeiro Álvaro Pérez, cun bacelo, a súa parte dunha horta, unha cuba e roupa. (fol. 69)

Sabean quantos esta carta viren como eu, meestre Fernando, vesiño e morador enna çidade d’Ourense, de consentemento de miña moller Aldonça Anes que consente e outorga enno adiante contiundo, dou en casamento a miña filla Maria convosco Lopo Afonso, criado de Alvaro Peres barbeiro, vesiño da dita çidade, o meu baçello de Bouça Ramyro que he de disemo a deus con carrego de dez mrs. a capela de Alvaro Cantor que sita enna igleia d’Ourense et mays toda a miña parte et quiñon da orta da Pia da Casqa que foy de Gonçalvo Fernandes que he de disemo a deus, et a dita moça vestida et sua cama de roupa rasonavel, para o qual o dito mestre Fernando e a dita \de consentemento da dita/ sua moller asy deu os ditos beens e cousas sobre ditas a dita sua filla en casamento con o dito Lopo Afonso etç. Penna mill mrs. etç. E o dito Lopo Afonso asy reçebeu a d outorgou e de reçebeu por casar con a dita Maria. Iten lle deu mays en casamento huna cuba de de nove carregas de viño. Tests. Joan de Vylaboa capelan et Gomes Fernandes barbeiro et Joan Fernandes e Diego çapateiro. ( fol. 69)