GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

F-C9
1454, decembro, 23
Gómez Bispo, morador en Peliquín, dota a súa filla Aldonza Gómez, na súa voda con Ares Vázquez, co lugar de San Nicolao, preto da Ponte, na freguesía de Santiago das Caldas, foreiro a Guiomar Méndez, outros bens raíces en Vilarrubín foreiros ao bispo, así como unha cuba de doce cargas, unha tina de oito moios, roupa de vestir e de cama, seis ovellas, sete cabras, unha porca con dous bácoros e 600 mrs. pagadoiros no prazo dun ano. (fols. 7-8v)

Ihesus. Ares Vasques e Aldonça Gomes sua muller. Dada a el.

Sabean quantos esta carta viren como eu Gomes Bispo, morador en Peliquin, que he ena freigesia de Codeiro, da huna parte et eu Ares Vaasques de Reça, fillo de (Gomes de Reça)* Vaasco de Reça da outra, moradores enna freigesia de Santiago de Carrazedo, do obispado de Ourense, que soomos presentes, por rason que he trabtado e sosegado casamento de Aldonça Gomes, filla de min o dito Gomes Bispo e de Eynes do Tiollo miña muller que aja pareiso, con vosco o dito Ares Vasques, e ey de dar en casamento aa miña filla con vosco o dito Ares Vasques çertos beens e cousas que adeante seran declarados, sobrelo qual avia de faser recabdo, por ende eu o dito Gomes Bispo outorgo e conosco por esta presente carta e prometo chaamente a vos o dito Ares Vasques de faser que a dita miña fija se espose con vosco por palabras (de)* segundo manda santa iglesia oje este dito dia e que vos aja e resçeba por seu marido legitimo segundo manda santa iglesia et dou en dote en casamento aa dita miña filla con vosco o dito Ares Vasques todo o lugar de San Nicolaao que eu teño aforado de Giomar Meendes de Anbia, o qual jas açerca da ponte e barca da çibdade d’Ourense, asi a miña /parte e\ meatade do dito lugar como a outra meatade que comigo tiña aforado Joan do Tiollo vesiño da dita çibdade, o qual dito Joan do Tiollo en min despois de feito o dito aforamento traspasou a dita sua meatade do dito lugar, segundo que o comigo tiña aforado da dita Giomar Meendes, segundo que o dito aforamento e traspasamento pasou mais conpridamente por Alvaro Afonso notario da dita çibdade, o qual dito lugar jas enna freigesia de Santiago das Caldas e o qual dito lugar dou aa dita miña filla en casamento con vosco o dito Ares Vasques, con todas suas casas e viñas e herdades e arvores e cortiñas e con todas suas entradas e seydas, dereitos, jures (fol. 7)
e perteesças por u quer que os aja e deva aver de dereito, segundo que o eu teño aforado e ho trago a jur e a maao, et vos e a dita miña filla que o moredes e labredes e paredes e façades del o foro que eu del ey de faser e cunplades e agardedes todaslas condiçoens do dito aforamento segundo que eu soon tiiudo e obrigado de conprir e pagar, et finandose a dita miña filla sen fillo ou filla que o dito lugar de San Nicolao se torne aa tronquidade e parente mais chegado de min o dito Gomes Bispo, pero he posto condiçon que aunque da dita miña filla non fique fillo nen filla, que vos o dito Ares Vasques e vosas voses ajades et teñades enno dito lugar de San Nicolaao huna casa e huna viña de viinte cavaduras porlo tenpo e voses e foros que o eu teño, o qual dito lugar a dita miña filla e vos o dito Ares Vasques avedes de entrar e labrar e persuyr desde primeiro dia de janeiro primeiro que ben endeante. Et outrosi dou mais en casamento aa dita miña filla con vosco
1.    o dito Ares Vasques huna cuba vasia que leva dose cargas de viño e huna tinalla vasia de oyto moyos de lagar, a qual tinalla e cuba seen enno dito lugar de Peliquin. Et mais que vos de seysçentos.- de moeda vella, pagos os tresentos mrs. do dia de vosa voda fasta VIIIº dias primeiros sigentes et os outros tresentos mrs. dende a un ano primeiro sigente. Et outrosi dou mais aa dita miña filla en casamento con vosco
2.    o dito Ares Vasques todaslas casas e soares delas e viñas e herdades e cortiñas e arvores e soutos e beens reyses que me a min perteesçen por parte e herença de meu padre Lourenço Bispo defunto, enna freygesia de San Martiño de Vilarrovin, segundo que o teño a (fol. 7v)
forado do señor obispo d’Ourense, e a dita miña filla e vos que paguedes
1.    o foro e penson que eu avia de pagar ao dito señor obispo e cunplades as condiçoens do aforamento dos ditos beens segundo que eu soon obrigado de pagar e conprir. Et outrosi que vos de a miña filla vestida de huun pelote de morilla e un manto (que custe)* de boon pano que custe a XL.- a vara e sua cama de roupa rasonable segundo perteesçe a seu estado segundo custume da comarca, o dia /da\ dita (v)* boda, et mais seys ovellas e sete cabras e huna porca e con dous bacoros de un anno, o qual todo e qual quer cousa e parte delo eu o dito Gomes Bispo prometo chaamente ante o notario e tests. desta carta de conpir, pagar e agardar segundo e como dito he, sub obrigaçon de min e de todos meus beens mobles e reyses, avidos e por aver que a elo obrigo. Et eu o dito Ares Vasques que presente soon prometo chaamente ante o dito notario e tests. desta carta de tomar e resçeber por miña moller legitima segundo manda santa iglesia aa dita Aldonça Gomes con todaslas cousas sobre ditas de suso declaradas, para o qual asi teer e conprir obrigo todos meus beens mobles e reyses, avidos e por aver. Et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar e ho non conprir e agardar que peyte aa outra parte agardante por nomme de pena, pustura e interese tres mill mrs. da dita moeda vella, et sobre esto que dito he nos anbaslas ditas partes e cada un de nos se nesçesario he pedimos e rogamos e damos poder conplido a qual quer justiça ante quen esta carta for mostrada e pedido conplimento dela /noslo faça\ (que lles fesese)* asy (fol. 8)
todo teer, conprir, pagar e agardar en todo e por todo, fasendo exsecuçon ennos ditos beens mobles e reyses e vendendoos a boon varato ou a maao sen plaso ninhuun de aqueles que o dereito pon en beens de aquel que contra esto for ou pasar e ho non conprir e agardar e dos mrs. que porlos ditos (seus)* beens desen (...) /façan\ pago a parte a que toca o dito negoçio aa outra parte agardante (...)* (outra parte que o agardase e conprise)* por nomme de pena, pustura e interese covençional, et sobre esto todo que dito he e se en esta (parte)* /carta\ conten os as ditas partes renunçiamos e partimos de nos todaslas leys e dereitos, foros e partidas e ordenamentos escriptos e non escriptos, asi canoicos como çeviis, asi en geeral como en espeçial e toda ley denganno e todaslas outras boas rasoens, dereitos e defensoens que en contrario do sobre dito seja ou seer posa en qual quer maneira que nos non valla nen sejamos sobrelo oydos (ne)* nen resçebidos en juiso nen fora del posto que dereito seja, en espeçial renunçiamos a ley do dereito que dis que geeral renunçiaçon non valla, et por que esto seja firme e non vena en dubda outorgamos este contrabto /ante o notario e tests. sub escriptos\ o mais forte e firme e estable que se en esta rason en dereito poder faser /e ordenar\ con acordo de leterado. Que foy feita e outorgada enna dita çibdade d’Ourense, ennas casas de morada de min o dito notario, dia luuns, XXIII dias do mes de desenbre, anno de IM CCCCº LIIIIº annos. Tests. que estavan presentes a esto que dito he Joan Patiño e Joan de Loureiro vesiños da dita çibdade e Gomes Rugel morador enna dita freigesia de Vilarrobin e o dito Vasco de Reça. (fol. 8v)