GMH/ÍNDICE A-Z

325
1355, xaneiro, 6
foro

Aldonza Iáñez afóralles a Domingo Pérez e á súa muller, Mariña Iáñez, un casal en San Miguel de Souto por cuarta do froito e 6 mrs.

ACOu, Escrituras XII, 22

Sabeam quantos esta carta viren que eu Aldonça Yanes muller de Gonçalvo Yanes mercador morador en Ourense ena rua dos Çapateiros, con outorgamento do dito meu marido que é presente e outorgante e o á por firme e por estavyl para senpre, dou e outorgo a foro a vos Domingo Peres morador (...) de Penedo e fillo de Pero Vasques que foy morador eno dito lugar e a vossa muller Mariña Anes e a toda vossa vos para senpre todos los herdam(entos) et vyñas e casas e cortyñas e arvores que perteençen ao casar de Pero Suares, o qual eu ey ena freiguisia de San Miguell de Souto, o qual casar me a min deu en doaçon (...) coengo d’Ourense que foy cuia criada eu soon. Afforovos os ditos herdamentos e vyñas et casas e cortyñas e arvores e perteenças do dito casar con todos seus dereytos e entradas e seydas e jures e perteenças por hu quer que as an e deven a aver (de dereito) a atal condiçon que os lavredes e paredes ben en guisa que non desffalescan por mingoa de lavor e de bon paramento, et diades ende cada ano para senpre a min e a mia vos quarta do pan e do viño que deus en eles der, o pan ena eyra e o viño aa bica do lagar e a conposta ena viña, por min ou por meu omme, ao qual devedes aproveer comunalmente de comer e de beber mentre col(lerde)s a novydade do dito casar. Et diades ende cada ano por dereytura por dia de San Martiño de novenbro a min e a toda mia vos para senpre seys (mrs.) desta moeda blanca que ora corre de des dyñeiros cada mr. ou a quantia deles en outra moeda se correr. Et por este foro aiades vos e toda vossa vos para senpre livres e quites de toda outra carrega e de todo outro enbargo. Et se quiserdes vender ou supyñorar ou obligar os ditos h(erdamentos e) vyñas e casas e cortyñas e arvores ou parte deles (...) ante a min ou a mia vos que os tomemos porlo justo preço, e se os nos non quisermos entonçe os vendede (...)iñorade a atal pessoa que non seia de mayor condiçon que vos + enpero que non seia cavaleiro nen escudeiro nen dona nen donsella nen ome nen |nen| muller fillos dalgo nen servo nen moordomo alleo nen ome de tras muro. Et obligo todos meus beens para anparar vos e toda vossa vos senpre a dereyto con este afforamento que vos faço. Et eu o dito Domingo Peres que soon presente por min e porla dita mia muller que non é presente e por toda nossa vos assy reçebo de vos a dita Aldonça Yanes afforados os ditos herdamentos e vyñas e casas e cortyñas e arvores ena maneira e condiçon que dita é. Et obligo todos meus beens gaanados e por gaañar para lavrar e parar ben e pagar e conprir e aguardar todo esto que sobre dito é. Et é posto que qual quer das partes que contra esto quiser passar e o non conprir e aguardar que peyte por ende en pena aa outra parte que o conprir e aguardar e en elo estever seysçentos mrs. da dita moeda blanca e a vos del rey outros tantos e esta carta e afforamento sobre dito fique firme e valla para senpre. Et desto as ditas partes mandaron a min notario que fesesse ende duas cartas partidas por a.b.c. anbas en hun tenor e desse a cada huna das partes a sua, e eu dy ende esta aa dita Aldonça Yanes, que foy feyta en Ourense, martes seys dias de janeiro, era de mill e tresentos e noventa e tres anos. Testemuyas que a esto foron presentes Lourenço Lasso mercador, Pero Yanes dito Oureyro mercador, Romeu Peres bareador, Gonçalvo Vilanova, Lourenço Yanes ome do dito Gonçalvo Yanes, Johan Peres alfayate morador ena rua do Pumar, todos moradores en Ourense.

Et eu Affonso Martines notario publico da çibdade d’Ourense e do castelo e dos coutos do bispo e da igleia d’Ourense porlo bispo e porla dita igleia que a esto foy presente e esta carta escrivy e meu signo aqui fiz en testemuyo de verdade que tal he.

+ e que cunpra a min e a mia vos os nossos

foros en pas.

(sinal)

[reverso] Carta de Aldonça Yanes muller (...)